Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Histórico centro

DÍA DA PAZ 2020

     

A paz comeza cun sonriso, este foi o lema do centro para celebrar este día tan sinalado. Cada clase decouro o seu chanzo polo paz. Quedaron así de bonitos!

A PAZ COMEZA CUN SONRISO! 

 

   
   
     

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA 2020

     

No mes de febreiro celebramos o Día da Muller e a Nena na ciencia co fin de concienciar ao alumnado sobre o acceso e a participación plena e equitativa das mulleres no mundo científico, así como tamén, contribuír á igualdade de xénero. No centro realizouse un concurso de inventos do que saíron vari@s gañador@s. Noraboa a todos os participantes! A vosa imaxinación é abraiante!

Aquí podedes ver fotografías da recollida de premios.

 

   
   
     

PATIOS DINÁMICOS INFANTIL

     

Aquí deixámosvos máis fotografías nas que podedes observar que ben o pasamos nos patios dinámicos, un novo modelo de recreos inclusivos, cheos de xogos e dinámicas divertidísimas! 

 

   
   
     

DÍA DOS AMIGOS 2020

     
O pasado 14 de febreiro celebramos o Día dos Amigos con dúas iniciativas diferentes: un baile acompañado dunha coreografía que culminou con numerosas apertas entre todo o alumando e profesorado do centro e os canicódromos. Nos seguintes vídeos podedes ver como o celebramos.    
   
     
   

MECO 2020

     

Este Entroido o Meco Espada suxeriunos as seguintes directrices: 

LUNS: "O luns ao mencer zapatos diferentes temos que traer".

MARTES: "O martes decora a túa cabeza con grandeza".

MÉRCORES: "O mércores sal da cama e ven ao cole con pixama".

XOVES: "O xoves é a túa elcción. Hoxe mola mogollón!"

 

 

   

 

   

 

   

 

   
   

DESFILE ENTROIDO 2020

     

O pasado día 21 o circo de Solanas fixo a súa estelar actuación polas rúas da vila. Pasámolo moi ben! Esperamos que vos gustase!

 

   
   
     

DÍA DE ROSALÍA E DA LINGUA MATERNA

     

O pasado xoves celebramos o Día de Rosalía e da lingua materna, o alumnado elaborou unha proxección con poemas da autora que posteriormente visualizamos todos xuntos no salón de actos. 

 

   
   
     

XORNADA PORTAS ABERTAS

     
   
     

Indicaciones para os próximos días (5º Primaria)

     
 

Boas a tod@s, comezamos esta peculiar etapa educativa por vía telemática. Espero que poidamos comunicarnos fluídamente e poder solucionar todas as vosas dúbidas.

Para comezar, ímos traballar na plataforma Edmodo que é unha Aula virtual moi sinxela de utilizar e que permite a comunicación en ambalas dúas direccións. Con esto quero dicir que vós tamén os podedes por en contacto comigo a través do seu messenger. Guiño

 

Cada día haberá novas publicacións das materias que están ese día no horario.

Para os que non sabedes de qué plataforma falo, tedes que seguir estas indicacións:

  • Descargar a aplicación Edmodo da tenda de recursos (é gratuita) ou abrila como páxina web.
  • Crear unha conta de usuario coma alumno (os pais tamén se poden crear a súa de pais)
  • Unirte ás clases incluíndo o código que vos dou por cada unha (Vira o pdf de cómo facelo)

Códigos: Lengua Castellana  t8478d; Lingua Galega gmwmx3; Matemáticas d4c7hs; Inglés bagsci.

 

 
     

Aula Virtual de Inglés

15/03/2020
Europe/Madrid

Hello everybody! Ola a tod@s! 

Durante os próximos días impartirei as clases de inglés dende a miña aula virtual en Edmodo. Esta é unha plataforma educativa gratuita á que poden acceder tanto alumn@s como familias a través dun código. A continuación tedes unha listaxe cos códigos de acceso segundo as diferentes clases e cursos:

K3 (Infantil 3 anos): f479xb

K4 (Infantil 4 anos): ei8zfp

K5 (Infantil 5 anos): uvd63n

1ºEnglish: 4mrn62

2ºEnglish: 6n3r84

3ºEnglish: hrpvds

4ºEnglish: ciek3h

5ºEnglish: bagsci

6ºEnglish: jsfk74

 

Para rematar, achégovos a dirección web desta plataforma:

https://new.edmodo.com

 

See you at my online class! Guiño

 

 



by Dr. Radut