Para conmemorar a Semana da Diversidade Afectivo Sexual, os equipos de Convivencia e Patios Dinámicos nos propuxeron o pintado do muro do colexio coa bandeira LGTB.
No seguinte vídeo podedes ver o ben que o pasamos e o bonito que temos agora o patio.
Dende BiblioSolanas vos invitamos a pasar polo blog da biblioteca para ver as últimas publicacións sobre o proxecto deste curso, as recomendacións lectoras de todo o alumnado así coma os agasallos feitos coa impresora 3D.
O termo STEAM é o acrónimo dos termos en inglés Science, Technology, Engineering, Arts and Mathematics (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas).
É un tipo de educación con enfoque pedagóxico na resolución de problemas.
Nesta semana, por quendas, o alumnado traballou neste eido con xogos de: creatividade, enseño, robótica, construcións...
Un curso mais convocamos o Concurso de Fotografía de Solanas. Nesta 3ª edición asociamos a temática co proxecto da Biblioteca "Lendas e misterios de Galicia". Recibimos por whassap ao móbil do centro moitas fotografías!
Aquí as tedes organizadas en vídeos por cursos!
Agradecemos toda a participación!
En breve anunciaremos a foto premiada de cada aula!
O pasado martes 8 de xuño demos a benvida ás novas familias do alumnado que comezará o curso que vén en 4º de infantil.
A continuación tedes a información da que falamos.
Ademais, comentamos que o prazo de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.
Outra información de interese foi que se algunha familia merca xa en verán os mandilóns, estes deberán ser con botóns grandes para facilitar a aprendizaxe dos mais cativos.
O pasado mates 8 de xuño tivo lugar unha reunión virtual coas familias de 6º de primaria onde tratamos o cambio de etapa de PRIMARIA a SECUNDARIA.
A continuación tedes a presentación que nos axudou a falar sobre todos os cambios que se darán e algunhas pautas para as familias que vos axudarán a afrontar este gran cambio: