Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Histórico centro

DÍA DO AUTISMO.2 abril

Este ano no "Día da Concienciación sobre o Autismo" pedímos a colaboración da comunidade educativa. Tiñamos que facernos una fotografía portando un obxecto

"PODO APRENDER, PODO TRABALLAR"

 

SEMANA DA DIVERSIDADE. Do 6 ao 9 de abril

Esta semana por titorías traballaron o conto "Por cuatro esquinitas de nada".

Tiveron una lectura ou visionado do conto, fixeron unha grabación en vídeo da interpretación das follas do conto que lle tocou a cada clase e adaptaron o conto con pictogramas.

Foi un traballo en equipo de todo o colexio e aquí tedes o resultado:

 

PATIOS DINÁMICOS 3º TRIMESTRE

Comezamos o 3º trimestre reorganizando as caixas das zonas do patio. 

Os axudantes de Patios de 5º fixeron un gran traballo ordenando, arranxando, repoñendo e engadindo xogos novos.

Temos varias novedades nas diferentes zonas coma PULSEIRAS nas zonas 1 e 3, XOGOS de EQUILIBRIO na 5, MINI MUNDOS na 6 con personaxes, animais, coches....

Na zona 1 engadimos tamén CANICAS.

Na zona do areeiro, repoñemos palas e cubos ademáis de carretillas e moldes.

Na zona 4 temos propostas de xogos de exterior en equipo e na 7 PARACAÍDAS...

Aínda non rematamos! Hai novedades que están por chegar!!

DÍA SOBRE RODAS 2021

O día 16 de abril conmemorouse o "Día Internacional da Bicicleta" polo que todo o alumnado víu ao colexio en bicicleta ou patinete.

Os nenos e nenas de infantil e de 1º a 3º de primaria tiveron un circuito no pavillón do centro:

 

 

 

Mentres que os nenos e nenas de 4º a 6º de primaria fixeron unha saída sobre rodas pola senda litoral do noso pobo.

TEATRO DE SOMBRAS.SEMANA DO LIBRO 2021

Na Semana do Libro, o alumnado de 5 primaria fixo unhas pequenas obras con teatro de sombras.

Aquí tedes o resultado.

 

Menú do comedor escolar maio 2021

 

MAQUETAS CIRCUITOS ELÉCTRICOS 2021. 6º PRIMARIA

Dentro do tema de Ciencias Naturais "Electricidade e magnetismo", o alumnado de 6º de primaria tiña que facer unha maqueta cun circuito eléctrico, nas súas casas, aplicando a materia dada na aula.

Coma cada ano, alumnado e familias superáronse; NORABOA A TODOS E TODAS.

 

 

 

ABRIL MES dos LIBROS en BiblioSolanas

02/05/2021 11:36
Europe/Madrid

Dende o equipo de BiblioSolanas queremos contarvos que

xa tedes todas as actividades de celebración, deste mes tan significativo

e importante para nos, no BLOG e no Facebook da Biblioteca.

Pinchade nos enlaces para ir a velos.

Esperamos desfrutedes tanto coma o noso alumando! 

https://www.facebook.com/bibliosolanas

http://biblioceipsolanas.blogspot.com/

ABRIL MES dos LIBROS en BiblioSolanas

Dende o equipo de BiblioSolanas queremos contarvos que

xa tedes todas as actividades de celebración, deste mes tan significativo

e importante para nos, no BLOG e no Facebook da Biblioteca.

Pinchade nos enlaces para ir a velos.

Esperamos desfrutedes tanto coma o noso alumando! 

https://www.facebook.com/bibliosolanas

http://biblioceipsolanas.blogspot.com/

O 2 de maio DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O día 2 de maio conmemoráse o Día contra o Acoso Escolar.

O alumnado de 5º e 6º de primaria fixo un Kahoot con preguntas sobre o uso do teléfono móbil.

 



by Dr. Radut