Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Primaria

HORTA ESCOLAR DO ALUMNADO DE 3º PRIMARIA

Fai uns meses o alumnado de 3º de primaria platou cogomelos nun invernadoiro caseiro...agora xa poden ver o resultado.

Ademáis teñen unha nova plantación.

SEMANA DA PRENSA:6 AO 10 de marzo

Durante esta semana, a Hora de Ler, o alumnado traballará con xornais e revistas de Solanas doutros anos.

Poderán ver a compañeiros e compañeiras de agora e outros/as que xa non están no colexio, en actividades doutros anos.

ACTIVIDADES DE CIENCIAS DO ALUMNADO DE 6º PRIMARIA.

O alumnado de 6º de educación primaria tivo as seguintes experiencias de ciencias esta semana:

COMO ESTÁ O NOSO CORPO? Medimos:

  • O noso nivel de osíxeno en sangue: Pulsiómetro
  • Tensión arterial: tensiómetro.
  • Agudeza visual: Test de Snellen, Test de Landolt eTest de contraste.
  •  Capacidade pulmonar: espirómetro.
  • Latexos do corazón: estetoscopio-fonendoscopio. 

Ademáis, xunto ao alumnado de 4 anos, tivemos unha actividade co microoscopio.

Os profes Yolanda e Jorge; "aprendemos a observar o sangue".

 

Preme na fotografía para ver como traballamos con instrumentos médicos.

Preme na fotografía para ver esta actividade colaborativa.

 
                  

 CICLO MESTRUAL

 Dentro do tema da "Reprodución Humana", o alumnado coñece e experimenta con diferentes produtos de hixiene femenina.

AS PROFESIÓNS EN 2º DE PRIMARIA: CARPINTEIRO

O noso centro participa no programa de innovación educativa CONTRATOS PROGRAMA INCLÚE para acadar o éxito educativo a través da implementación de programas que promovan a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a inclusión, a redución das taxas de abandono escolar temperán, o desenvolvemento da competencia social e mellorar o clima escolar de toda a comunidade educativa.

O alumnado de 2º primaria  convidou a pai dun alumno a que lles ensinará o seu traballo, ferramentas...

Moitas grazas Gene pola visita.

OBRADOIRO DE AVIÓNS E LANZADEIRAS NA HORA DO RECREO.

No hora de recreo @s axudantes de patio de 5º de educación primaria fan un obradoiro de construción de avións e lanzadeiras.

Primeiro tiveron a súa formación con Jorge e Yolanda, para despois transmitir os seus coñecementos ao resto de compañeiros e compañeiras do colexio.

OBRADOIRO DO ALUMNADO DE 5º PRIMARIA

 

NA HORA DO RECREO DOS MÉRCORES...

 

FUTUR@S ENXEÑEIR@S

No patio... xurden a imaxinación e destrezas do noso alumnado.

RADIO TREBOADA: "PODCAST ODS"

Este ano o Proxecto Documental Integrado da nosa Biblioteca son os ODS "Obxectivos Desenvolvemento Sostibles".

 

No seguinte podcast o alumnado de 5º de primaria explícannos que son e para que serven estes obxectivos.

Preme enriba para escoitar o Podcast ODS

Ademáis contan coa colaboración dos nenos e nenas de 2º primaria.

Ver vídeo Almorzos saudables do alumnado de 2º de educación primaria: Vídeo

PFPP PROFESORADO 2022-2023. ROBÓTICA CREATIVA CON LEGO.

Este ano o curso de formación do profesorado é sobre LEGO EDUCATION 

 1º ACTIVIDADE: Construir un pato con pezas LEGO. 

Pasos: 1. Plantexar a actividade. 2. Construir. 3. Comparar e decidir "o mellor". 4. Reflexionar as ideas dos demáis.

 PROFESORADO

ALUMNADO

2º ACTIVIDADE: xogo con pezas LEGO DUPLO para traballar a atención e memoria.

Pasos: 1. un/unha voluntario/a fai unha construcción. 2. En equipo, por quendas, irán pasando a ver a construcción e terán que transmitir o visto ao equipo. 

PROFESORADO

ALUMNADO

3º ACTIVIDADE: LEGO EDUCATION "Primeiras máquinas" para traballar con engranaxes, rodas e eixes, pancas, poleas... Construímos unha buxaina, un debuxo máxico, unha troqueladora.

LEGO EDUCATION WEDO 2.0. Construímos e programamos unha eiruga, un muiño e un robot.

 PROFESORADO

ALUMNADO

CLUB LECTURA 6º PRIMARIA: "Plan de rescate" Antía Yáñez

Os Clubs de Lectura de 6º de Primaria leerón no primeiro trimestre o libro "Plan de rescate" de Antía Yáñez que fomenta valores de amizade, compañerismo, traballo en equipo e amor.

 Como remate de libro, todos/as xuntos/as, fixeron a seguinte actividade:

 

ALMORZOS SAUDABLES 2º PRIMARIA

O alumnado de 2º de primaria realizou un almozo saudable coa súa titora, para traballar hábitos saudables na alimentación e hixiene persoal.

  • Fixeron exercicio.
  • Lavado de mans.
  • Almorzo saudable
  • Lavado de dentes.

Mirade este divertido vídeo!

Distribuir contido


by Dr. Radut