Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Primaria

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2023

Fondo solidario de libros de texto(3º, 4º, 5º e 6º de EP): o pode solicitar todo o alumnado destes cursos; os libros dispoñibles repártense entre os admitidos por orde inversa á renda per cápita, ata que se esgoten. En todo caso recibirán: 6 libros (renda per cápita igual ou inferior a 6.000€) ou 4 libros (renda per cápita igual ou inferior a 10.000€).

Axudas para adquirir libros de texto (1º e 2º de EP); vale por 240€ (renda per cápita igual ou inferior a 6.000€) ou vale por 160€ (renda per cápita igual ou inferior a 10.000€).

Axudas para adquirir material escolar (1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de EP); vale por 75€ (renda per cápita igual ou inferior a 6.000€) ou vale por 60€(renda per cápita igual ou inferior a 10.000€).

 

 

Prazo de presentación:

O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o 20 de maio e rematará o 21 de xuño de 2023.

 

 

O procedemento de presentación da solicitude pode ser:

 

  • Presencial: Presentación da solicitude no centro cuberta de xeito manual. No colexio temos os impresos para a solicitude, que unha vez cubertos deben presentarse na secretaría do centro.

  • Por vía electrónica: Acceso dos cidadáns á aplicación Fondolibros para elaborar a solicitude (https://edu.xunta.es/fondolibros) ou a través da sede electrónica de Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

 

Documentos que hai que presentar:

  • Solicitude cumprimentada (única para todos os fillos/as).

  • Fotocopia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

  • En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

  • No caso de violencia de xénero: documentación xustificativa.

Os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2021.

 

Se vostede quere a solicitude preme no seguinte ENLACE.

 

Calquera outra dúbida poden consultala na secretaría do colexio (teléfono 886110075) ou no portal educativo da Consellería de Educación: http://www.edu.xunta.gal/portal/

 

Podedes atopar toda a información no seguinte ENLACE.

NAVEGA CON RUMBO 2023

 

O programa Navega con Rumbo consiste na realización de charlas informativas para o alumnado, profesorado e familias nos centros educativos a cargo de especialistas do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia. Nestas charlas abordaranse os usos positivos da rede e daranse estratexias para previr posibles riscos; seguridade na rede, previr o ciberacoso e outros riscos derivados do mal uso de internet e das redes sociais...

 
 

OBRADOIRO DE COSTURA 2023.BIBLIOTECA CREATIVA

Coa estrea dunha nova sección en BiblioSolanas... obradoiro de costura co alumnado de Proxecto Competencial de 5º e 6º de Primaria.

1º xornada:

Punto bastilla

2º xornada:

Cosemos un botón

   

 

 

EXPERIMENTOS EN CIENCIAS NO MES DE ABRIL 2023

O alumnado de 5º e 6º de primaria tivo unhas sesións de experimentos durante este mes:

  • O alumnado de 5º de primaria estivo traballando co tema da materia e enerxía : as súas propiedades xerais (masa e volume) e as específicas (densidade, flotabilidade, dureza...) e a súa clasificación segundo o tipo de materia.
  • O alumnado de 6º de primaria estivo co tema da electricidade e magnetismo: electricidade estática, circuitos eléctricos...

Preme nos seguintes apartados e bota unha ollada ao ben que o pasamos.

Propiedades Xerais da materia:

masa e o volume

Separación de mesturas: métodos

   

Electricidade estática

Circuitos eléctricos

 

FERIA INNOVART 2023 de ensinanzas artísticas, idiomas e deportivas.

A feira foi un evento de promoción das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas de Galicia, coa exposición de material divulgativo e actividades interactivas como obradoiros, concertos de música ao vivo e conferencias. 

O alumnado de 3º a 6º de Primaria poido coñecer ensinanzas artísticas que se realizan nos diferentes conservatorios, escolas de idiomas e institutos de toda Galicia.

PLANTACIÓN E LIMPEZA DA HORTA ESCOLAR: 6º PRIMARIA

O alumnado de 6º de primaria estivo limpando e plantando na horta escolar.

Participación no concurso "A NOSA ROSALÍA FEMINISTA"

O pasado mes de febreiro o alumnado de 3º de primaria participou no concurso da Deputación de Pontevedra "A Nosa Rosalía Feminista".

Un concurso escolar de ilustración, colaxe e reciclaxe con perspectiva feminista.

O grupo realizou unha colaxe resaltando a importancia da escritora.

Non gañaron pero pola súa participación conseguiron un lote de libros para a nosa Biblioteca.

Graciñas e felicidades!Guiño

HERDANZA XENÉTICA DO ALUMNADO DE 6º PRIMARIA

A herdanza xenética dun ser humano son rasgos ou características que se transmiten de pais/nais a fillos/as. O material xenético atópase en cada unha das nosas células. As células sexuais permiten que cando se fecunde o óvulo ambos proxenitores aporten ao feto a metade do seu material xenético, así o fillo/a terá características de ambolos dous.

Os membros dunha mesma familia tenden a ter caracteristicas semellantes: cada alumno/a tivo que atopar as súas: investigaronor rasgos físicos ou rasgos de carácter tes cos teus proxenitores.

 

SAINT PATRICK´S DAY 2023

PROGRAMA XOGADE: CICLISMO.

XOGADE é unha campaña lúdico deportiva promovida pola Xunta de Galicia para fomentar o deporte educativo e saudable aos nosos escolares.

Este ano, os nenos e nenas de 5º de primaria tiveron unha sesión de ciclismo no colexio.

Distribuir contido


by Dr. Radut