Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Educación Ambiental

AGASALLO DE BOTELLAS REUTILIZABLES DENDE O PROGRAMA CP EDUsostenibilidade

O centro participa no programa CONTRATOS PROGRAMA INNOVA que promove a innovación na adquisición das competencias clave, o afondamento nas aprendizaxes no ámbito de coñecemento segundo os intereses do alumnado, o aproveitamento do talento potencial da mocidade, o fomento dos hábitos de vida saudable, a educación ambiental e a mellora da xestión educativa.

Dentro do programa solicitamos a actuación EDUSostenibilidade comprometido cos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS).

 Preme no enlace para ver o vídeo.

OBRADOIRO CON MATERIAIS DE REFUGALLO: 2º primaria

o alumnado de 2º de primaria crea obxectos curiosos con materiais de refugallo.

Preme para ver o vídeo.

OBRADOIRO CON PERIÓDICOS: 2º primaria

O alumnado de 2º de primaria fai un obradoiro con periódicos; busca a mellor noticia do día.

CONCURSO DE CARTEIS PEIXE ESPADA DA ASOCIACIÓN ORPAGU

Concurso organizado por ORPAGU polo cartel da Festa do Peixe Espada 2024.

1º PRIMARIA 2º PRIMARIA
 
3º PRIMARIA 5º PRIMARIA
 

5 DE XUÑO: ANDAINA polo Camiño de Santiago e "PLOGGING" recollida de residuos na praia.

Para festexar o Día do Medio Ambiente fixemos dúas actividades:

1. Dentro do Programa Vexo Veo Xacobeo, andaina por un tramo do Camiño de Santiago pola costa.

2. Recollida de residuos na Praia de Area Grande e zona da Cetárea Grande.

VEXO VEO XACOBEO- ANDAINA POLO CAMIÑO DE SANTIAGO POLA COSTA
 
RECOLLIDA DE RESIDUOS NA PRAIA AREA GRANDE E ZONA CETÁREA 
   

PLANTACIÓN DE FLORES: 2º primaria

O alumnado de 2º de primaria fai unha plantación de bulbos: nardos, lirios, gladiolos, dalias e xacintos.

UNHA ESTRANA APARICIÓN...: 1ºprimaria

Roi de 1º de primaria e os seus pais, nunha saída familiar polo monte de Burgueira, atoporon...

Preme no vídeo para ver o seu descubrimento...

DÍA DA TERRA: 22 de abril

Con papel de periódico, o alumnado do 3º ciclo fixo os seus animais da Terra.

CHARLA E SAÍDA BOSQUE ATLÁNTICO: 6º Primaria

Charlas organizadas polo Concello de A Guarda para os centros da vila.

Son impartidas polo educador ambiental Marcos Guisandes para que o alumnado coñeza as características do bosque atlántico e as especies arbóreas. 

Ademáis tamén tiveron un xogo da oca cos nomes das árbores en galego.

 Tamen tiveron unha saída ao Campus das Lagoas en Vigo para un percorrido para ver as especies de árbores traballadas no colexio.

DÍA DA ÁRBORE E A POESÍA: 21 de marzo 2024

O equipo de Biblioteca en colaboración co equipo Medioambiental, propuxo unha actividade creativa e dinámica para o 21 de marzo festexar o Día da árbore e da Poesía creando unha árbore coas nosas mellores palabras da natureza.

 Preme nas imaxes para ver o vídeo.

Distribuir contido


by Dr. Radut