Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Educación Ambiental

UNHA CHARCA NO PATIO SENSORIAL

O equipo medioambiental do colexio está creando un novo ecosistema: unha charca.

Dentro de pouco terá algún inquilino.

 

DÍA DO MEDIO AMBIENTE 2021

O 4 de xuño festexamos o Día Mundial polo Medio Ambiente cunha saída de limpeza polo litoral guardes.

Co recollido cada aula tiña que facer unha obra efímera.

Foi unha mañá de concienciación medioambiental onde o pasamos moi ben.

 

EXPERIMENTO: XERMINACIÓN DE LENTELLAS. 3ºB

O alumnado de 3º B está a traballar en Ciencias da Natureza o tema das plantas.

Fixeron unha xerminación dunha lentella: Introduciron algodón no fondo do vaso, botaron un pouco de auga… Despois duns días; lentellas xerminadas!!!

 

Agora están nos bancales do colexio, aquí tedes a sementación:

 

 

 

 

UNHA ÁRBORE, UN POEMA... UN POEMA, UNHA ÁRBORE. 22 de marzo Día da árbore e da poesía

O 22 de marzo conmemoramos o Día da árbore e o Día da poesía.

O noso colexio fomenta a educación ambiental para que o noso alumnado tome conciencia ecolóxica; hábitos, habilidades e actitudes de coidado da nosa natureza.

A poesía é unha forma de expresión e identidade linguística da nosas linguas. Traballar cultura e outro dos nosos afondamentos coma centro.

 

 

 

 

 

Ademais dende os equipos de Educación Medioambiental e Biblioteca animan a toda a comunidade educativa a participar na iniciativa "Unha árbore, un poema...Un poema, unha árbore"

 

 

PREPARANDO A ESCOLA PARA A DÍA DA ÁRBORE E A POESÍA 2021

O día 21 de marzo conmemórase o Día da árbore e o Día da poesía. O alumnado de 6º de primaria fixo unha poesía para decorar as nosas novas árbores do patio de primaria.

 

HORTA ESCOLAR: plantación de 5º e 6º de Educación Infantil.

A horta escolar é un aprendizaxe activo e cooperativo que desenvolve valores de conservación e mellora da contorna. Os nosos nenos e nenas aprenden hábitos de coidado e responsabilidade medioambiental.

O alumnado de educación infantil e o equipo medioambiental estiveron preparando a terra e semeando plantas, berzas, legumes...

 

XARDÍN DAS FADAS

Dende fai uns días, o noso colexio conta cun XARDÍN DAS FADAS onde atopamos miniaturas dun bosque, casiñas de madeira, tendal, mesas...

Para visitar o novo recuncho é imprescindible empregar a imaxinación.

 

A PRIMAVERA XA ESTÁ CHEGANDO A SOLANAS...

No mes de marzo comeza a primavera e o alumnado de educación infantil está preparando o noso colexio para recibila Guay.

 

O alumando de 4º, 5º e 6º de primaria fixo a súa aportación decorando os corredores do edificio de primaria.Guiño

 
 

PREMIO PILABOTS 2020

O noso colexio ven de gañar o primeiro premio no concurso PILABOTS de recollida de pilas e acumuladores portátiles nos centros educativos.
As Solanas logrou recuperar 4.065 kgr. durante as seis semanas do concurso.
Este ano, por mor da situación sanitaria, a entrega de premios foi virtual. Asistirón a mestra coordinadora do proxecto e a directora do centro.
Queremos agradecer a toda a Comunidade Educativa a súa participación e compromiso a favor da reciclaxe.

¡CELEBRAMOS UN DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE DIFERENTE!

22/06/2020 20:52
Europe/Madrid

¡Aquí tedes o vídeo con todos os traballos

de plástica que fixestes para o 5 de Xuño!

¡Están chulísimos!

¡Noraboa polo traballo!

https://www.youtube.com/watch?v=MERMTPV3uhs

Distribuir contido


by Dr. Radut