Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Educación Ambiental

Patrullas verdes 5º Primaria

       
  O alumnado de 5º de Ed. Primaria cumpliu coas Patrullas verdes realizando as tarefas de recollida de lixo no patio  
 
 
     

Elaboramos compost no colexio

     
 

Tivemos no colexio a visita dunha técnica medioambiental, Teresa Rodríguez (mestra composteira), que nos ensinou a elaborar  compost no centro con restos orgánicos.

 
     
 
 
     

Plantación de árbores 2018

     
 

O colexio aceptou, un ano mais, a invitación da Comunidade de Montes de Camposantos para colaborar na reforestación da zona do Chans que están a levar a cabo. Tódolos nen@s formaron parellas para prantar cadansua árbore.

Ao rematar convidaron a nen@s a froita e auga para a merenda.

Foi unha actividade moi emotiva e agradecemos de corazón a invitación.

 
     
 
 
     
 
 
     

Patrullas verdes 4º Primaria

       
 

Este venres, xusto antes da hora do recreo, continuaron as patrullas verdes a facer a súa tarefa de limpeza.

Esta vez tocoulles @s nen@s de 4º de Ed. Primaria

 
 
 
     

Patrullas verdes

      
  No colexio organizáronse unhas Patrullas verdes para ter ben limpo o patio.  
 
 
     

MAREA BRANCA

        
  Para conmemorar a repulsa á Marea Negra causada polo Prestige nas costas galegas hai 15 anos @s nen@s de 4º de Primaria elaboraron un mural titulado "Marea Branca" que presentaron no acto organizado polo Concello o domingo 19.
 
 
 
     
     

Proxecto Ríos

      
   Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Ed. Primaria participaron no Proxecto ríos. Acudiron ás Aceñas onde analizaron as augas do río Tamuxe, buscando os macroinvertebrados, para observar a calidade da auga.    
 
 
     

Tod@s contra o lume

         
 

O luns, 16 de outubro, quixemos mostrar a nosa repulsa aos incendios que asolaron Galicia no día anterior.

Xuntámonos tod@s para facer un minuto de silencio e ler un manifesto. Despois, nen@s de 3º e 6º de Primaria acudiron ao Concello para expor, cos seus debuxos, que queremos un monte vivo, non queimado.

 
 
 
     

Reciclaxe de papel

Dentro das actividades do Equipo de Educación Ambiental está a reciclaxe e o noso alumnado está moi concienciado con esta actividade.

Día do Medio Ambiente 2017

          
  Recollida de lixo nas praias e nas rochas.  
 

 

 

 
  Merenda en Fedorento  
 

 

 
  Obradoiros de arte cos materias recollidos  
 

 

 
  Obras de Arte: Día do Medio Ambiente 2017  
   
     
Distribuir contido


by Dr. Radut