Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Articles

OBRADOIROS DA CLASE DE 6º A de primaria

Nesta semana de xuño o alumnado de 6º A de primaria tivo dous obradoiros:

  • En BiblioSolanas un obradoiro de creativa con Hama Mini.
  • Na clase de ciencias a visita de Marcos, pai de Iker Franco, onde nos explicou como dar conexión eléctrica a un semáforo, programación dun coche segue líneas e programación en 3D. Moitas grazas pola visita.
OBRADOIRO HAMA MINI OBRADOIRO ELECTRÓNICA E 3D

OBRADOIRO "CREAR UN TEAR" DO ALUMNADO DE 6º A

O alumnado de 6ºA , na materia de Proxecto Competencial, construe un tear para crear uns pasavasos de lá.

Preme nas imaxes para ver o seu traballo.  

 

V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DE BIBLIOSOLANAS

BiblioSolanas convoca o seu V certame de fotografía.

Este curso o proxecto da bilbioteca é "UN LÍO DE XOGOS" por elo vos pedimos unha FOTO XOGANDO en FAMILIA ao que queirades. Pode ser de exterior, de mesa,... 

Tedes que mandar a imaxe a: bibliosolanas@gmail.com  poñendo no asunto o nome do alumno/a.

Haberá un premio por aula.

Animádevos!

 

Exporemos as fotos nos corchos das entradas.

 

 

 

DÍA DA NAI

O alumnado de 5º de educación infantil desexavos un bo Día da nai.

 

OBRADOIROS CREATIVOS NAS AULAS DE PRIMARIA

No mes de abril, nas aulas de primaria, tivemos obradoiros con diferentes temáticas.

1º Primaria

"Ler e soñar cos ollos abertos"

2º Primaria OBRADOIRO MATEMÁTICO:

"Construímos figuras xeométricas"

   

5º Primaria   OBRADOIRO DE XOGOS 

"Destreza e orientación espacial"

 
   

DÍA DA TERRA: 22 de abril

Con papel de periódico, o alumnado do 3º ciclo fixo os seus animais da Terra.

NOVO PINCHI EN BIBLIOSOLANAS

BIBLIOTECA CREATIVA: 3º CICLO EN BIBLIOSOLANAS

O alumnado do 3º ciclo tivo diferentes sesións para traballar con LEGO e con placas makey makey:

  • O obxectivo de traballar con LEGO é "aprender facendo". Nesta actividade os nenos e nenos tiñan que construir animais seguindo os pasos dados nas instrucións.
  • As placas makey makey permite converter obxectos cotiás en paneis dixitais. Empregamos o grafito (da punta dos lápis) como conductor de electricidade en dúas actividades: un piano e nunha viñeta con diálogos.

Preme nas imaxes para ver o ben que o pasamos.

ANIMAIS CON LEGO EN 5º PRIMARIA ANIMAIS CON LEGO EN 6º PRIMARIA
 
 PLACAS MAKEY MAKEY 5º + 6º B PRIMARIA  PLACAS MAKEY MAKEY 6º A PRIMARIA
   

BIBLIO CREATIVA. REMATE DE BOLSIÑAS

Por fin rematamos as nosas bolsiñas: decoración e cosido final.

Preme na imaxe.



by Dr. Radut