O 30 de maio é o Día do Xogo Infantil e para festexalo os equipos de Biblioteca, Dinamización Lingüística e Patios Dinámicos convidaron as rapazas de Brazolinda a visitarnos cos seus xogos de mesa en galego: "por unha educación baseada no xogo".
O alumnado de infantil e primaria estivo xogando na biblioteca con estes divertidos xogos.
O alumnado de 5º de educación primaria traballou con engranaxes facendo unha buxaina, un debuxo máxico e unha troqueladora, co kit de máquinas simples de LEGO Education.
Este ano seguimos dentro do programa Biblioteca Creativa e levamos a cabo unha formación co alumnado a cargo de Pablo Otero.
Nesta formación tivemos dous obradoiros; un co alumnado de 5º de primaria e outro co de 3º primaria para ver a súa capacidade de crear obras artísticas.
O equipo de Dinamización Lingüísitca, coa colaboración do equipo de Biblioteca, nos presentan esta actividade tan lúdica ao tempo que reinvidicativa xa que con esta celebración anual festexarmos a riqueza que supón a diversidade lingüística do planeta.
O alumnado tiña que escoller unha palabra en galego e representala con LEGO.