Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Articles

NOVEMBRO: MES DE CONVIVENCIA

14 NOVEMBRO: DÍA DA DIABETE

18 NOVEMBRO: DÍA MUNDIAL DE SMITH MAGENIS

   

20 NOVEMBRO: DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

   

25 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

   

RECREO DE CONVIVENCIA 2024: INFANTIL E PRIMARIA

 O equipo de convivencia preparou unha actvidade de cohesión; "atopar os tickets/entradas de cine que ían en parellas- debuxo con título. Os máis pequenos tiñan debuxos e os maiores o título". Ademáis disfrutamos todos/as xuntos/as un recreo conxunto.

PREME NO VÍDEO 

30 DE MAIO:

MERCADILLO DE 2º MAN DO ALUMNADO DE 6º PRIMARIA PARA A SÚA EXCURSIÓN FIN DE CURSO 2024

ACTUACIÓN DE PAKOLAS EN BIBLIOSOLANAS.

GRAZAS AO PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS"

PREME NAS IMAXES.

VISITA A RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE MONTE TREGA: 4º e 6º d primaria.

O alumnado de 4º e 6º de primaria visita a Residencia da Terceira Idade Monte Trega para realizar diferentes actividades cos seus usuarios.

CHARLA TEA POLO GABINETE CORES: 6º primaria

O Gabinete Cores, centro de desenvolvemento e intervención terapéutica, tivo unha charla informativa no noso colexio sobre o Trastorno do Espectro Autista (TEA) para o alumnado de 6º de primaria.

CHARLAS SOBRE NOVAS ADICCIÓNS. PLAN DIRECTOR: 3º ciclo

O alumnado de 5º e 6º de primaria tivo unha charla informativa/formativa sobre novas adiccións dunha axente experta das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Esta charla pertence ao Plan Director que é un programa para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos.

DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR: 2 de maio

No Día contra o Acoso Escolar, a xefa de estudos e a Xefa do Departamento de Orientación explican ao alumnado de 2º e 3º ciclo o Punto Laranxa. Un punto físico (entrada do colexio) e virtual (páxina web do centro) onde a Comunidade Educativa pode, de forma anónima, comunicar ou denunciar situacións de acoso.

CHARLA NAVEGA CON RUMBO: 3º ciclo

Navega con Rumbo é un programa asinado coa consellería de Cultura e o CPEIG para a prevención dos ciberdelitos na rapazada.

 

OBRADOIRO "EU. TI. NÓS NA IGUALDADE"

O noso centro participa no desenvolvemento das accións de igualdade do Proxecto Igualando 2024, do Concello de A Guarda, coa actividade para o alumnado de educación primaria: “Eu. Ti. Nós na Igualdade”.

DÍA DO AUTISMO 2024

O 2 de abril é o día de concienciación sobre o autismo para construir unha sociedade máis inclusiva.

O alumnado de educación infantil e o 1º ciclo de primaria tiveron a lectura colectiva do conto Tea o cal ofrece unha experiencia inmersiva para empatizar coas persoas que teñen o Trastorno de Esprecto Autista. Ten unhas gafas para coñecer as principais alteracións.

 



by Dr. Radut