Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Articles

DÍA DA PAZ 2024

SEMANA DAS MÚLTIPLES CAPACIDADES. Día da Discapacidade: 3 de decembro

O 3 de decembro é o Día da Discapacidade.

Durante a semana anterior, na Hora de Ler, temos a "Semana das Múltpiles Capacidades"onde visionamos difentes cortometraxes. Cada aula tiña a proxección dun corto: Ourizo, O cazo de Lorenzo, Ian, O agasallo, O soño de Pedro...

Despois de ver o corto, tiñamos unha reflexión conxunta e de agasallo un marcapáxinas.

Preme na cartalería para ver o ben que o pasamos.

ACTIVIDADES DE CONVIVENCIA NO MES DE NOVEMBRO 2023

14N: DÍA MUNDIAL DA DIABETE 2023

Xogos interactivos para coñecer un pouco máis esta enfermidade.

17N: DÍA INTERNACIONAL DO SINDROME

DE SMITH MAGENIS

 

Cada clase tiña que decorar algunha das letras do cartel conmemorativo. O alumnado de 5º primaria fixo a montaxe.

20N: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS

DOS NENOS E NENAS

25N: DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA 

DE XENERO

 

Cada clase traballou un dereito e fixo dous debuxos ilustrativos sobre él.

Nunha xuntanza de todo o colexio, os cursos explicaron ao resto seu dereito.

Con todo o traballo feito faremos unha oca xigante para poder xogar outro día "de Pinchi a Pinchi tiro porque me toca"

 

LINGUA DE SIGNOS EN 3º DE PRIMARIA

O alumnado de 3º de educación primaria preséntase empregando a lingua de signos. Preme na imaxe para que podas coñecelos.

 

RECREO DE CONVIVENCIA E SAÍDA AMBIENTAL.27 setembro

O pasado mércores os equipos de benestar e convivencia e equipo medioambiental organizaron unha medio xornada do máis divertida.

RECREO DE CONVIVENCIA.

Titoría de iguais. Metodo de aprendizaxe cooperativo onde un

neno/a maior titoriza a un/unha pequeno/a.

Cada neno/a tiña que atopar ao seu/súa compañeiro/a mediante  pezas de xogos iguais.

SAÍDA MEDIAMBIENTAL: PLOGGING.

Recollida de resíduos combinado con actividade física.

Coas parellas de titoría de iguais fomos ata as práias de Fedorento e Area Grande para recoller plásticos.

A volta o equipo medioambiental agasallou a todo o alumnado con bolsas térmicas (proxecto CPsostenibilidade do curso pasado) para futuras saídas.

Preme na imaxe para ver o contido

MENU OUTUBRO 2023.COMEDOR ESCOLAR

Se eres usuario do comedor escolar de Solanas e queres saber os almorzos do mes de outubro...

Preme no seguine enlace para ver o menú do mes de outubro.

SEMANA DA DIVERSIDADE AFECTIVO SEXUAL 2023

Dentro da nosa Semana da Diversidade Afectivo Sexual tivemos o pintado do muro do patio de educación infantil coas cores da bandeira LGTBI.

NAVEGA CON RUMBO 2023

 

O programa Navega con Rumbo consiste na realización de charlas informativas para o alumnado, profesorado e familias nos centros educativos a cargo de especialistas do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia. Nestas charlas abordaranse os usos positivos da rede e daranse estratexias para previr posibles riscos; seguridade na rede, previr o ciberacoso e outros riscos derivados do mal uso de internet e das redes sociais...

 
 

SEMANA DA DIVERSIDADE. DÍA DO AUTISMO: 3 de abril

Vídeo sobre que é para o alumnado de Solanas a diversidade

No Día do Autismo  traballamos co infinito multicolor como simboloxía que representa a neurodiversidade: "UN MAR POLO AUTISMO".

   
Preme para ver o vídeo Preme na icona do infinito para ver as accións que o noso alumnado considera para incluir ao alumnado con TEA

OBRADOIRO "LENTES DIVERGENTES" DO CIM DE A GUARDA

O Centro de Información a Muller (CIM) de A Guarda nos trouxo o seu obradoiro "Lentes Diverxentes" para traballar aspectos relacionados coa violencia de xénero.

O alumnado de 5º de Primaria traballou aspectos coma: estereotipos por xénero, consentimento, machismos...



by Dr. Radut