Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Limóns, allos, azúcre, plumas, flores, maracas... e outros obxectos para experimetar cos 5 sentidos!!
Estudando a ENERXÍA. É moi importante que todos esteamos convencidos da importancia de usar correctamente a enerxía.
As empresas, Concellos e gobernos deben tomar medidas para promover o uso de enerxías renovables!!!
Estamos a estudar a enerxía. Reflexionamos sobre as distintas fontes de enerxía e queremos apostar por coidar do medio ambiente con enerxías renovables.
Preparamos no laboratorio a seguinte experiencia: reproducimos o modelo dos polos da Terra e o ascenso do nivel do mar polo seu desxeo polo cambio climático.
Cres que desbordará o recipiente que representa o Ártico (xeo sobre auga) ou o que representa o modelo continental Antártico (xeo sobre rocha)??
Para seguir repasando o aprendido no taller de "Cociña con Ciencia" podedes ver o seguinte video na súa páxina de facebook
Este venres 25, tivemos un obradoiro con Pepe Solla e o Instituto de Investigacións Mariñas - CSIC compartimos unha mañá cociñando con todo o alumnado.
Practicamos onde gardar os alimentos co taller da "compra"...e degustamos a receita dos pequenos chefs feita coas súa propias mans...eso sí, moi limpas, xa que aprendimos que para que os "microbios" non cheguen aos alimentos, temos que manipulalos coas mans limpas!
Moitas grazas a Graciela, microbióloga investigadora do CSIC, por achegarnos este obradoiro!!!.
Esta semana estamos a estudar as mesturas homoxéneas e heteroxéneas. Para entender estes términos estamos a preparar unha botella con sales que tinguimos de cores con xiz.
Tivemos unha clase moi especial, da man de Belén, nai de Lidia e Martín de 3º de EP.
Descubrimos as propiedades da materia experimentando a solubilidade e achegámonos á táboa dos elementos e aos átomos.
Moitas grazas Belén pola túa colaboración.
Climántica (http://climantica.org/) é un proxecto de Educación Ambiental da Direción Xeral de Sostibilidade e Paisaxe en colaboración coa Consellería de Educación eOrdenación Universitaria. Este proxecto comezou en setembro de 2006, froito do traballo en equipo de catro grupos de expertos: en didáctica, en edición gráfica, en multimedia e asesores científicos.
Neste enlace da ‘Junta de Castilla y León’ tes moitas actividades para xogar, ler e saber máis.
Queres descubrir a cara oculta da Lúa? Clica na imaxe para darlle voltas.
SANTI, O PAPÁ DE PABLO ENSINOUNOS O QUE É A RESISTENCIA ELÉCTRICA: O GRAO DE DIFICULTADE QUE TEÑEN OS ELECTRÓNS PARA FLUIR A TRAVÉS DUN OBXECTO
PRIMEIRO MEDIMOS CUN POLÍMETRO, DESPOIS COMPROBAMOS CÓMO UNS MATERIAIS TEÑEN MOITA RESISTENCIA ELÉCTRICA: NON DEIXAN PASAR A CORRENTE ELÉCTRICA. E OUTROS TEÑEN POUCA RESISTENCIA ELÉCTRICA: DEIXAN PASAR A CORRENTE ELÉCTRICA.
E DESPOIS FIXEMOS UNHA RODA E A LUZ ENCENDEMOS!!! (PORQUE A TRAVÉS DE NÓS A ELECTRICIDADE PASA)
Moitas grazas Santi
SILVIA, A MAMÁ DE INÉS, VIUNOS A DAR UNHA CLASE DE MAGNETISMO (O FENÓMENO POLO QUE OS OBXECTOS EXERCEN FORZAS DE ATRACCIÓN OU REPULSIÓN SOBRE OUTROS MATERIAIS).
IMÁN NATURAL: A MAGNETITA.
OUTROS MATERIAIS PRESENTAN PORPIEDADES MAGNÉTICAS DETECTABLES. (A PROPIEDADE FUNDAMENTAL DOS IMÁNS É QUE OS ELECTÓNS ESTÁN ORDENADOS, NA OUTRA MATERIA ESTÁN DESORDENADOS.
XOGAMOS COS IMÁNS.E RESULTOU QUE NON É MAXIA, É CIENCIA!!!!!
XOGANDO ,FIXEMOS PEQUENOS MOTORES E FIXEMOS BAILAR AOS OBXECTOS.
Moitas grazas Silvia
Desenvolvimos unha fascinante xornada científica experimentando no laboratorio, aprendendo sobre os microorganismos.
Graciela e Pedro, científicos do CSIC, achegáronse ao cole para amosarnos este gran universo seu da microbioloxía.
Na seguinte semana vixiamos a evolución das colonias de microorganismos nos cultivos que preparamos... espectacular pensar que todo iso estaba nas nosas mans!! ;)
Despois da vendima, da maceración e da fermentación, recóllese o bullo con algo de alcohol inda do líquido que quedase e engádese no pote do alambique.