Ciencias Naturais e Sociais de 3º 2016-17, dentro do proxecto "Climántica".

Na aula-laboratorio prepararemos experiencias e traballaremos as unidades didácticas das áreas de Ciencias Naturais e Sociais do alumnado de 3º deste curso 2016-17, dentro do proxecto "Climántica".

climantica blog1

O noso reto é desenvolver as competencias clave traballando, ao tempo, a concienciación co medio ambiente, e fomentando o bo uso dos recursos.

 

Climántica (http://climantica.org/) é un proxecto de Educación Ambiental da Direción Xeral de Sostibilidade e Paisaxe en colaboración coa Consellería de Educación eOrdenación Universitaria. Este proxecto comezou en setembro de 2006, froito do traballo en equipo de catro grupos de expertos:  en didáctica, en edición gráfica, en multimedia e asesores científicos.

Aquí tendes varios enlaces a actividades na rede sobre o tema.

 

Neste enlace da ‘Junta de Castilla y León’ tes moitas actividades para xogar, ler e saber máis.

 

Queres descubrir a cara oculta da Lúa? Clica na imaxe para darlle voltas.