Comunícase que están dispoñibles para consulta as listaxes DEFINITIVAS de solicitudes para o vale de libros de texto, material escolar e fondolibros, adxudicados ou non en función da renda.
Pódense ver no taboleiro interior do centro ou tamén mediante chave365 ou certificado electrónico na aplicación fondolibros.
Tal e como se indicou na circular de fin de curso, os vales poden retirarse persoalmente (ou ca autorización asinada e DNI do solicitante por outra persoa adulta, os días 6 e 7 de xullo, sen cita, de 9:30 a 12:00 horas, por rigorosa orde de chegada.
NOTAS IMPORTANTES A TER EN CONTA:
- Os vales non retirados eses días serán entregados a partir do 1 de setembro.
- No caso de figurar na relación de admitidos e non corresponderlle libros (por non haber existencias no centro), convén agardar a setembro e falar ca titora ou titor do curso correspondente antes de compralos, por se houbera algunha modificación (donativo, renuncia, etc.) de última hora.
- De non figurar na listaxe e ter presentada a solicitude, consultar ca secretaría do colexio, preferiblemente por teléfono, ou agardar a setembro, coma no caso anterior.
- Esta é a lista de libros de texto para o vindeiro curso. Coma sempre, o libro de actividades de inglés deberá ser adquirido polas familias, xa que non está cuberto por estas axudas. A lista de material será proporcionada nas titorías en setembro.
- Todo o alumnado de 5º curso de primaria entrará no proxecto E-Dixgal, polo que non terá libros de texto e utilizará ferramentas informáticas e dixitais que serán proporcionadas polo colexio.
- OS LIBROS ADXUDICADOS DE FONDOLIBROS ENTREGARANSE EN SETEMBRO, NAS TITORÍAS CORRESPONDENTES.