A Consellería acaba de publicar a Orde que regula o procedemento e distribución de máscaras gratuitas entre o alumnado que cumpla os requisitos.
Para poder participar neste proceso deberase ter en conta o seguinte:
ALUMNADO DESTINATARIO
No noso centro, unicamente o alumnado matriculado en educación primaria.
SOLICITUDES E REQUISITOS:
O alumnado beneficiario de MATERIAL ESCOLAR non terá que presentar a solicitude, xa que recibirá as máscaras directamente. Polo tanto:
a) Non ten que presentar solicitude:
O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.
b) Deberá que presentar solicitude, no seu caso:
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 pero que cumpra algunha das seguintes condicións:
- Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (Tede en conta que se utilizarán os datos de 2019).
- Alumnado matriculado en educación especial.
- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
PRAZO: As solicitudes poden presentarse presencialmente dende o 15 ata o 26 de novembro na secretaría do centro. (Lembramos que o horario da Secretaría do centro é de luns a venres de 9:30 a 10:30 e de 12:30 a 14:00 horas ).
DESCARGAR SOLICITUDE
Coa solicitude acompañarase fotocopia do libro de familia
(Teléfono do centro: 881 880 214)