Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO 2023-24: LISTAXE DEFINITIVA.

Rematado o prazo de alegacións á listaxe provisional, comunícase que xa está dispoñible no taboleiro principal, dentro do recinto escolar, a relación definitiva de alumnado admitido e non admitido que fixo a solicitude dentro do prazo establecido. 

PROCEDEMENTO A SEGUIR:

Deberán formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño, aportar a documentación seguinte:.

- Tarxeta sanitaria.

- Libro de vacinas (cartilla saúde).

- 2 fotos tamaño carné.

Impreso (cuberto) de formalización de matrícula.

As solicitudes non admitidas e as presentadas fóra de prazo deberán agardar á resolución da Comisión de Escolarización, que decidirá o que proceda e contactará cas familias afectadas.

IMPORTANTE: DE NON FACER EFECTIVA A MATRÍCULA DENTRO DO PRAZO ANTES INDICADO PERDERÁN O DEREITO Á PRAZA OBTIDA.

 

Día das Letras Galegas 2023

Este ano a Real Academia Galega dedícalle a Francisco Fernández del Riego o Día das Letras Galegas.

Aquí tedes diferentes recursos educativos para coñecer mellor a súa vida e obra. Recomendarvos:

  • A páxina do Seminario Galán, con gran variedade de xogos interactivos, actividades en papel, escolma de textos...

Sin-t-tulo-2

  • A páxina “Primavera das Letras”:

Sin-t-tulo-2

Destacar este fermoso filme “A orixe da nosa lingua guapa” producido pola Real Academia Galega a partir dunha idea de Fina Casalderrey.

E a canción do libro-disco LINGUA GUAPA, Cantos que Contan, de Fina Casalderrey e Néstor Blanco, publicado pola Editorial Galaxia.


  • O Portal da Lingua Galega:

Sin-t-tulo-3

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2023-24: LISTAXE PROVISIONAL

Xa está publicada a relación provisional de alumnado admitido e non admitido neste centro para o vindeiro curso. 

As listaxes pódense revisar presencialmente no taboleiro principal de anuncios, no interior do recinto escolar, e na  aplicación admisionalumnado, mediante certificado dixital ou chave365. Contra esta relación ábrese un prazo para posibles reclamacións de cinco días hábiles, a presentar na secretaría deste centro no horario habitual. 

A listaxe definitiva publicarase o 16 de maio.

A formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

Día do libro

O 23 de abril celebrouse o día do libro. Como en anos anteriores na escola botámonos a ler todos xuntos. Os padriños e madriñas lectores (os nenos e nenas máis maiores) elixiron libros para lerllos aos seus afillados!

É unha experiencia estupenda.

 

XORNADAS ARTEIXO INNOVACIÓN 2023

 semana pasada tiveron lugar no Centro Tecnolóxico de Arteixo as Xornadas de Arteixo Innovación, que reúnen a todos os centros de ensino do Concello.

Alí acudimos para amosarlle á Comunidade Educativa o proceso levado recentemente coa creación dunha Aula Multisensorial no noso colexio. 

 

 

 

 

Club de lectura

Neste curso comezamos cunha aventura nova. Unha aventura que nos está a dar moitas alegrías!

Puxemos en marcha na biblioteca cinco clubs de lectura, un club cada día da semana.

A acollida desta iniciativa por parte do alumnado do centro foi impresionante. Tendo en conta que son totalmente VOLUNTARIOS, están participando máis do 70% dos nenos e nenas e nalgunhas aulas ata o 100%.

Temos moito que agradecer, sobre todo ás familias por facer un gasto extra coa compra dos libros pero en especial aos coordinadores e coordinadoras dos clubs de lectura ( alumnado de 5º e 6º) polo seu traballo e dedicación, sen a súa participación non sería posible esta nova andaina da biblioteca.

Parabéns a TODOS E A TODAS pola vosa implicación!!!

Queremos dar un pouco de visibilidade a esta iniciativa, así que aí vai un pequeno vídeo no que podedes ver o funcionamento destes club.

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2023-24

Do día 1 ao 20 de marzo estará aberto o prazo para presentar solicitude de admisión nos centros de ensino públicos e concertados da Consellería de Educación.

Dita solicitude pode realizarse directamente, accedendo á aplicación admisionalumnado. Alternativamente, tamén se pode entregar, unha vez cuberta, na Secretaría do colexio, en horario de atención ao público (de luns a venres, de 9,30 a 10,30 horas e de 13,10 a 14,00).

Convén ter en moi en conta a seguinte información:

Vacantes ofertadas e información resumida (circular informativa)

Solicitude (Anexo II).

Díptico informativo (horario, servizos...)

Toda a información está exposta no taboleiro de anuncios do centro e irá actualizándose co tempo. 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS:

O día previsto para poder ver o colexio será o luns, 6 de marzo, ás 6 da tarde.

 

Baile da Paz 2023

O pasado luns 30 de xaneiro, o centro educativo conmemorou o Día da Paz ao ritmo do Baile da Paz, do grupo Mamá Cabra. A continuación amósanse dous vídeos coa coreografia do baile realizada polo alumnado do centro educativo.

 Coregografía por grupos-clase.

 

 Coreografía todos/as xuntos no patio.

 

RESERVA DE PRAZA NO IES PASTORIZA

Ata o 6 de febreiro estará aberto o prazo para o alumnado de 6º de EP que queira continuar estudos de ESO no IES PASTORIZA.

O procedemento pódese facer online na web da Consellería mediante esta ligazón, ou cubrir o impreso de RESERVA DE PRAZA  e entregalo na Secretaría deste colexio.

Tamén se pode facer directamente, cubrindo a documentación que se vos enviará nos vindeiros días.  

No caso de elixires outro centro, tedes de prazo ata o fin do mes de febreiro para comunicar por escrito a renuncia.

O resto do alumnado de infantil e primaria non necesita facer ningún trámite, dado que xa ten reservada a praza neste centro polo dereito de Permanencia.

Aquí tedes máis información: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/38867

 

Postais Nadal

Estimadas familias:

Como cada ano felicitámosvos as festas coas postais gañadoras. Feliz 2023!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut