RESERVA DE PRAZA NO IES PASTORIZA
Ata o 6 de febreiro estará aberto o prazo para o alumnado de 6º de EP que queira continuar estudos de ESO no IES PASTORIZA.
O procedemento pódese facer online na web da Consellería mediante esta ligazón, ou cubrir o impreso de RESERVA DE PRAZA e entregalo na Secretaría deste colexio.
Tamén se pode facer directamente, cubrindo a documentación que se vos enviará nos vindeiros días.
No caso de elixires outro centro, tedes de prazo ata o fin do mes de febreiro para comunicar por escrito a renuncia.
O resto do alumnado de infantil e primaria non necesita facer ningún trámite, dado que xa ten reservada a praza neste centro polo dereito de Permanencia.
Aquí tedes máis información: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/38867