Skip to Content

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2021-22: LISTAXE PROVISIONAL

Xa está publicada a relación provisional de alumnado admitido e non admitido neste centro para o vindeiro curso: 

4º Ed. Infantil: Todas as solicitudes foron admitidas.

6º Ed. Infantil: Tres solicitudes para unha vacante. Foron baremadas resultando unha admitida e dúas non admitidas.

1º Ed. Primaria: Tres solicitudes, non admitidas por non haber vacante.

2º Ed. Primaria: Unha solicitude, admitida.

3º Ed. Primaria: Dúas solicitudes, admitidas.

As listaxes pódense revisar presencialmente no taboleiro principal de anuncios, no interior do recinto escolar, e na  aplicación admisionalumnado, mediante certificado dixital ou chave365. Contra esta relación ábrese un prazo para posibles reclamacións de cinco días hábiles, a presentar na secretaría deste centro no horario habitual. 

A listaxe definitiva publicarase antes do 15 de maio.

A formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

Ben falado 2ºA

Continuamos as nosas leccións. Esta vez son os nenos e nenas de 2º A os que nos explican a diferenza entre entroido e carnaval.

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2021-2022: SOLICITUDES E PRAZO

Do día 1 ao 22 de marzo estará aberto o prazo para presentar solicitudes de admisión nos centros de ensino públicos e concertados da Consellería de Educación.

As solicitudes poden realizarse directamente accedendo á aplicación admisionalumnado, ou cubrindo e entregando na Secretaría do colexio o Anexo II.

Convén ter en moi en conta a seguinte información:

Vacantes ofertadas e información resumida (circular informativa)

Criterios de valoración a efectos de baremo

- Folleto informativo

- Instrucións da Dirección Xeral de Centros

Todos estes documentos están expostos nos taboleiros de anuncios do centro.

 A Consellería irá actualizando a información relativa a todo o proceso nesta ligazón

VISITA VIRTUAL AO COLEXIO 

Debido á situación de pandemia non haberá xornada de portas abertas. No seu lugar ofrecémosvos unha visita virtual ao colexio. Agardamos que vos guste!

 

Ben falado 5ªA

Este mes axúdannos os rapaces e rapazas de 5ºA a bucear no complexo mundo dos pronomes persoais. Con estas explicacións quédanos un pouco máis claro.

 

BO NADAL E FELICES FESTAS

Xa están dispoñibles as postais de Nadal deste curso. Esta vez adiantámonos!

LISTAXES PROVISIONAIS E DEFINITIVAS ADXUDICACIÓN MÁSCARAS (XUNTA)

Xa están dispoñibles as listaxes de adxudicatarios das máscaras proporcionadas pola Consellería no taboleiro interior do Centro.

Contra ditas listaxes pódese presentar recurso ata o xoves, día no que serán publicadas as listaxes definitivas.

Por non terse presentado recurso, as listaxes pasan a definitivas.

Proximamente comunicarase o xeito de entrega ás familias.

MÁSCARAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

No marco da campaña contra a violencia de xénero, o Concello de Arteixo vén de proporcionarnos máscaras reutilizables que serán repartidas a todo o alumnado do colexio.

Segundo nos comunican desde o departamento de Educación do Concello, as máscaras están homologadas segundo este certificado e son válidas para un mínimo de 10 lavados sen necesidade de ningún filtro. 

 

Ben falado sexto

Seguimos coa nosa iniciativa de coñecer un pouquiño máis a nosa lingua. Este mes tocoulle a sexto.

 

CONVOCATORIA PARA PARTICIPACIÓN DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS GRATUITAS

O venres 13 de novembro saiu publicada a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

Polo tanto, as familias que o soliciten e cumplan os requisitos recibirán gratuitamente máscaras de protección. Para poder participar neste proceso deberase ter en conta o seguinte:

ALUMNADO DESTINATARIO
No noso centro, unicamente o alumnado matriculado en educación primaria.

SOLICITUDES E REQUISITOS:

O alumnado beneficiario de MATERIAL ESCOLAR non terá que presentar a solicitude, xa que recibirá as máscaras directamente. Polo tanto:

a) Non ten que presentar solicitude:
O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021. 
b) Deberá que presentar solicitude, no seu caso:
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 pero que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (Tede en conta que se utilizarán os datos de 2018).
  • Alumnado matriculado en educación especial.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

PRAZO: As solicitudes poden presentarse presencialmente dende o 16 ata o 27 de novembro na secretaría do centro, con cita previa. (Lembramos que o horario da Secretaría do centro é de luns a venres de 9:30 a 10:30  e de 12:30 a 14:00 horas ).

Coa solicitude acompañarase fotocopia do libro de familia

(Teléfono do centro: 881 880 214)

LISTAXE BENEFICIARIOS: Publicarase o luns 30 de novembro, no taboleiro de anuncios do interior do recinto escolar.

REPARTO: Realizarase no mes de decembro.

Máis información

Modelo de solicitude

NOTA: Haberá solicitudes a disposición das familias na conserxería do centro (sen cita previa).

Ben falado

Dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega propoñemos este ano un novo apartado que se chama Ben Falado. Consiste en difundir contidos, palabras, refráns... en galego para que toda a Comunidade Educativa poida aprender ou, recordar algunhas palabras que xa olvidara.

Este mes animouse o curso de 2ºB, e aquí vemos o fantástico resultado: 

Distribuir contido


by Dr. Radut