CIRCULAR INICIO DE CURSO E DOCUMENTOS DO CENTRO DE ADAPTACIÓN Á COVID-19
Estimadas familias:
Despois de informar ao Claustro e ao Consello Escolar, poñemos en coñecemento do resto da comunidade educativa os documentos de centro que son obligatorios debido á situación de pandemia que estamos a atravesar. Son os seguintes:
- Plan de Acollida (sobre como vai ser a volta á escola, que xa foi explicada nas reunións de luns e martes)
- Plan de Continxencia (como actuaremos no caso de haber contaxios)
- Protocolo de Adaptación do CEIP San Xosé Obreiro ao COVID-19 (onde figuran todos os pasos dados para adaptarnos a esta situación).
Adxuntámosvos tamén a CIRCULAR DE INICIO DE CURSO, que vos rogamos máis que nunca que teñades en conta.
Por outra banda, o servizo de comedor escolar e madrugadores, organizado pola ANPA, estase preparando para comezar o antes posible. Pregamos que esteades moi pendentes. Este é o último dos seus comunicados.
Aproveitamos para enviarvos moito ánimo e un saúdo moi agarimoso!!