Skip to Content

INICIO DE CURSO

Estimadas familias:

Dámosvos a benvida a este novo curso escolar, tan extraordinario e tan especial debido á situación actual.

Estamos traballando intensamente para que teñades o máis pronto posible toda a información de como vai a ser o comezo e a volta ás aulas dos vosos fillos e fillas. Para iso estamos a elaborar a adaptación do protocolo COVID-19, e os plans de acollida e continxencia do centro. 

En canto estean rematados serán publicados tanto na páxina web, como comunicados pola aplicación Abalar.

Esperamos poñelos no voso coñecemento ao inicio da semana próxima.

 O comezo das clases realizaráse coa incorporación gradual do alumnado, tal e como publicou a consellería de Educación o luns 31 de agosto de 2020:

  • O xoves 10 comezarán as clases o alumnado de  4º curso de Educación Infantil (3 anos) e 5º de Infantil (4 anos); 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.
  •  O venres 11 comezarán as clases tamén o alumnado de de 6º de Educación Infantil (5 anos) e os de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria

Tal e como se indica en dito protocolo, NON ESTARÁ PERMITIDO acompañar ao alumnado de educación primaria no acceso ao recinto escolar.

As familias de Educación Infantil, poderán acompañar UNICAMENTE UNHA PERSOA por alumno/a no acceso ao centro.

O horario de entrada, tanto eses dous días como o resto do curso, será escalonado. Cada titor ou titora poñerase en contacto proximamente con vós para darvos máis detalles e indicarvos a porta, horario e modo de acceso ao centro.

Pedímosvos comprensión en todas estas medidas e colaboración para evitar aglomeracións. Tentaremos proporcionarvos máis información en día vindeiros.

Un saúdo moi cordial de todo o profesorado do centro.

 

AVISO IMPORTANTE DA ANPA SOBRE O COMEDOR ESCOLAR

 

Desde a ANPA do centro pásannos un aviso moi importante para todas os usuarios do comedor. Parece ser que se vai atrasar o seu inicio. Podedes ver o seu comunicado aquí.

 



page | by Dr. Radut