Saltar navegación.
Inicio

Blogues

LECTURAS PARA OS MÁIS PEQUENOS

 

 

Esta semana Ibtissam e Laura len para os máis pequenos " O país dos mandóns":

ENTROIDO 2022

 Este curso a temática para a celebración do Entroido xirou en torno ao noso Froitómetro, elemento motivador que estamos a utilizar a diario para fomentar a creación de hábitos de alimentación saudables nos nosos pequenos e pequenas. Esperamos que vos gusten os nosos disfraces!! Preme nas imaxes para ver os vídeos:

 

      

 

 

SEMANA DA PRENSA

Do 7 AO 11 de Marzo conmemoramos a "SEMANA DA PRENSA" traballando distintas seccións de novas por ciclos:

ÁRBORES DA NOSA CONTORNA

 

Este curso, en relación co proxecto de centro, "ARTE-NATUREZA-MOVEMENTO", decidimos elaborar entre todos un libro onde recollemos información sobre as distintas ÁRBORES DA NOSA CONTORNA.  

Preme na imaxe e interactúa con ela para ver os traballiños feitos polos distintos cursos:

PRAZO DE ADMISIÓN DE NOVAS MATRÍCULAS PARA O CURSO 2022/2023.

Do día 1 ao 21 de marzo estará aberto o prazo para presentar, na secretaría do centro, as solicitudes de admisión de novo alumnado para o curso 2022/2023.

para o curso 2022-2023.

Horario de secretaría: De luns a venres, de 12:30h a 13:30h.

No seguinte arquivo adxunto poden ler toda a información, así como a documentación necesaria para este proceso de admisión.

Atentamente,

A secretaria

 

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

O Día de Rosalía o alumnado do centro recitou poemas e versos da autora entre os distintos grupos. Ademais intercambiaron como agasallo entre aulas Pensamentos, flor preferida de Rosalía, que recolleron fronte ao mural elaborado para conmemorar o día.

Por outra banda, o alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria, puido gozar da intervención teatralizada "Sempre Rosalía" de Producción Dispersas, ofertada polo Concello de Vimianzo na Casa da Cultura.

Aquí tedes unha pequena mostra en imaxes:

 

 

 

 

30 DE XANEIRO : MURAL POLA PAZ - "SENDO PEQUENO PODES FACER COUSAS GRANDES"

Con motivo da celebración do Día da Paz, alumnado e profesorado participamos na elaboración dun mural para representar os símbolos de PAZ e RECONCILIACIÓN, ademais dunha pequena adaptación dun mural de Keith Haring.

Preme na imaxe para ver o proceso:

 

ACTIVIDADE COA ASOCIACIÓN ÍNTEGRO

Os días 25 e 26 de xaneiro contamos coa visita de membros da Asociación Íntegro de Cabana de Bergantiños. Entidade sen ánimo de lucro que busca promover a integración das persoas con diversidade funcional nas comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra.

Nesta ocasión visitáronnos para facer actividades co alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de primaria co fin de facelos reflexionar sobre a importancia de traballar por unha verdadeira integración e loitar contra as barreiras que o impiden.

Aquí tedes unha pequena mostra en imaxes: 

     

DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS

 

Aquí unha pequena mostra das nosas obras de arte para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos Humanos:

 

BO NADAL 2021!!

 

Así nos preparamos para o Nadal 2021 no San Vicenzo...

 

Os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe San Vicenzo de Vimianzo gravaron vídeos con distintas mensaxes para felicitarnos o Nadal. Podedes ver estas mensaxes nos carteis que colgamos polo pobo accedendo aos distintos códigos QR ou premendo na seguinte imaxe para ver os carteis.

 

BO NADAL E FELIZ 2022 !

Distribuir contido