Saltar navegación.
Inicio

ACTIVIDADE COA ASOCIACIÓN ÍNTEGRO

Os días 25 e 26 de xaneiro contamos coa visita de membros da Asociación Íntegro de Cabana de Bergantiños. Entidade sen ánimo de lucro que busca promover a integración das persoas con diversidade funcional nas comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra.

Nesta ocasión visitáronnos para facer actividades co alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de primaria co fin de facelos reflexionar sobre a importancia de traballar por unha verdadeira integración e loitar contra as barreiras que o impiden.

Aquí tedes unha pequena mostra en imaxes: