A ventá do San Vicenzo
SAMAÍN E MAGOSTO NO SAN VICENZO
Enviado por MJVILLAVERDE o Lun, 04/11/2024 - 16:55O 30 de Outubro celebramos o Samaín e o Magosto no centro, pon un ollo ao vídeo para ver que ben o pasamos:
SAMAÍN NA BIBLIOTECA
Enviado por MJVILLAVERDE o Lun, 04/11/2024 - 11:21Na biblioteca do centro tamén celebramos o Samaín:
DÍA DA BIBLIOTECA
Enviado por MJVILLAVERDE o Xov, 31/10/2024 - 19:12No mes de outubro celebramos o "Día da Biblioteca". Para rememoralo o equipo de dinamización de biblioteca preparou durante este mes actividades para todo o alumnado. Con elas recordaron como se organizan as nosas bibliotecas e que deben facer para mantelas en orde co fin de poder gozar dos distintos contos e libros que temos no centro para compartir:
ESTREANDO ROCÓDROMO NO PATIO DE INFANTIL
Enviado por MJVILLAVERDE o Xov, 12/09/2024 - 10:30O alumnado de Educación Infantil comezou o curso gozando do novo rocódromo que o Concello de Vimianzo nos instalou no patio de infantil. Dende o claustro queremos agradecer ao Concello a súa implicación.
Encantoulles a sorpresa e pasárono xenial!!
VISITAMOS O CONCELLO DE VIMIANZO
Enviado por MJVILLAVERDE o Xov, 20/06/2024 - 08:26O pasado mércores, a alcaldesa Mónica Rodríguez, recibíu no Concello ao alumnado de Educación Infantil. Os nosos pequenos fixeron as súas peticións para o centro e puideron coñecer o funcionamento da Administración con esta actividade:
SAÍDA AOS BATÁNS DO MOSQUETÍN CO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL
Enviado por MJVILLAVERDE o Ven, 14/06/2024 - 09:06O alumnado de Educación Infantil gozou dunha saída para visitar os Batáns do Mosquetín. Grazas ás explicacións de Mariví, técnica do Concello de Vimianzo, puideron entender como funcionaban. No seguinte vídeo podedes ver en imaxes o ben que o pasamos!
PROXECTO EMPODÉRATE
Enviado por MJVILLAVERDE o Lun, 10/06/2024 - 13:30Memoria das actividades realizadas polo alumnado para o Plan Proxecta + Donas de Sí a través do proxecto "Empodérate" :
ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA: TALLERES POLO DÍA DO LEITE
Enviado por MJVILLAVERDE o Ven, 07/06/2024 - 09:16O alumnado de 4º acode a Baio para conmemorar o día do leite a través de diversos talleres e experiencias: