Día das Letras Galegas
LETRAS GALEGAS 2024
Enviado por MJVILLAVERDE o Ven, 07/06/2024 - 09:03LETRAS GALEGAS 2020
Enviado por MJVILLAVERDE o Xov, 16/04/2020 - 11:48Este ano o Día da Letras Galegas adícase ao escritor Ricardo Carvalho Calero:
- O escritor, filólogo e lingüísta Ricardo Carvalho Calero naceu na cidade de Ferrol o 30 de outubro de 1910. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, da Real Academia Galega, da Associaçom Galega da Lingua... e primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Do seu traballo literario cómpre destacar a súa extensa obra de poesía, novela, teatro así como no campo da crítica literaria e no da lingüística galega. Carvalho Calero está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico galego, que defende que o noso idioma é unha variante da lingua portuguesa. Faleceu en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990.
Debido á situación que estamos a vivir, este ano non podemos levar a cabo a conmenoración no centro pero través do enlace Seminario Galán poden acceder a máis información e actividades que poden facer cos pequenos en familia mentras dure o cofinamento.
Vimianzo e Manuel Rivas
Enviado por Administrador o Ven, 15/05/2015 - 20:31Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, o xoves 14 de maio na Casa da Cultura de Vimianzo tivemos a oportunidade de compartir con Manuel Rivas Barros o proxecto traballado ao longo deste curso sobre a súa vida e obra.
Dende a comunidade educativa do CEIP San Vicenzo queremos amosar o noso agradecemento pola súa presenza e a do alcalde Manuel Antelo Pazos.
Grazas polo voso agarimo.
Galería de vídeos e fotografías
OS NOSOS LIBROS, AS NOSAS LETRAS, A NOSA FALA
Enviado por ma.begonagandara o Mér, 29/05/2013 - 11:40Para celebrar o DÍA DO LIBRO (23 de abril) e o DÍA DAS LETRAS GALEGAS (17 de maio), no noso cole fixemos diferentes actividades.
- Lectura/presentación de diferentes traballos sobre Rosalía.
- Investigamos sobre distintos autores Galegos.
- Apadriñamentos lectores.
- Visita da escritora Fina Casalderrey.
DIA DAS LETRAS GALEGAS
Enviado por ma.begonagandara o Mar, 31/05/2011 - 13:20O MÉRCORES 18 DE MAIO CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
ESTE ANO O AUTOR HOMENAXEADO FOI LOIS PEREIRO.
POLA MAÑÁ FOMOS Á CASA DA CULTURA ONDE OS NENOS E NENAS DE 1º CICLO FIXERON UNHA LECTURA DE POEMAS DO AUTOR E OS DE 2º CICLO CONTÁRONNOS COUSAS DA SÚA VIDA.
OS NENOS E NENAS DE INFANTIL CANTARON "VEN BAILAR CARMIÑA, CARMELA", E COMO REMATE TODOS XUNTOS CANTAMOS O HIMNO GALEGO.
COMO ERA FESTA AS COCIÑEIRAS PREPARARON UNHA COMIDA ESPECIAL, MOI TÍPICA DE GALICIA E AS SÚAS ROMERÍAS: EMPANADA E CHURRASCO.
POLA TARDE SEGUIMOS COA FESTA, PRIMEIRO CON XOGOS POPULARES NO PATIO E LOGO CON MÚSICA E BAILE TRADICIONAL. MOITAS GRAZAS Á ASOCIACIÓN TRUBISQUIÑA E Á ASOCIACIÓN DE PASARELA.
SE QUERES VER FOTOS DESE DÍA PINCHA AQUÍ, OU ENTRA NA GALERÍA.
o dia das letras galegas
Enviado por Administrador o Xov, 19/05/2011 - 18:45No dia das letras galegas fomos a casa da cultura a celebrar ese dia tan especial.Este ano eleximos como autor deste dia tan especial a Lois Pereiro.Pasamolo moi ben so tuvemos 2 horas de clase por que as outras oras pasamolas xogando a xogos populares de Galicia e de outros moitos sitios e tamen fomos a casa da cultura a ver actuacions dos nenos pequenos uns cantaban outros bailaban e hasta alguns facian ambas cousas,foi un dia xenial.
Teño que marchar hasta outra.Antes de marchar deixovos unha foto de Lois Pereiro para que vexades como era cando estaba vivo.