LETRAS GALEGAS 2020
Enviado por MJVILLAVERDE o Xov, 16/04/2020 - 11:48
Este ano o Día da Letras Galegas adícase ao escritor Ricardo Carvalho Calero:
- O escritor, filólogo e lingüísta Ricardo Carvalho Calero naceu na cidade de Ferrol o 30 de outubro de 1910. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, da Real Academia Galega, da Associaçom Galega da Lingua... e primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Do seu traballo literario cómpre destacar a súa extensa obra de poesía, novela, teatro así como no campo da crítica literaria e no da lingüística galega. Carvalho Calero está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico galego, que defende que o noso idioma é unha variante da lingua portuguesa. Faleceu en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990.
Debido á situación que estamos a vivir, este ano non podemos levar a cabo a conmenoración no centro pero través do enlace Seminario Galán poden acceder a máis información e actividades que poden facer cos pequenos en familia mentras dure o cofinamento.