Saltar navegación.
Inicio

Blogues

RUTA DOS MUIÑOS DE CAMBEDA OU...JUMANJI?

Este curso o alumnado de 4º está en territorio Jumanji, e o pasado 21 de setembro saíron das súas cabanas para explorar a zona.

Se queredes ver a súa experiencia mira o vídeo con paciencia. 

E se che gusta o que ves, 

a Cambeda podes ir

e o paseo facer ti.

Recorda...

Se o planeta queres salvar

a natureza debes coidar.

(PREMA NA IMAXE PARA VER O VÍDEO)

PLAN DE ACOLLIDA CURSO 2022-2023

Premendo no enlace poden acceder ao Plan de Acollida para o curso 2022-2023 onde se fai referencia ás normas básicas e organización do centro para o curso 2022-2023.

PUBLICADAS LISTAXES DEFINITIVAS DE FONDOLIBROS PARA O CURSO 2022/2023

Publicadas Listaxes Provisionais de Fondolibros para Educación Primaria.

Os interesados poden consultar:

  1. Accedendo á aplicación "Fondolibros" no menú "Cidadáns" coa Chave 365 ou certificado dixital.

  2. No taboleiro de anuncios situado no interior do colexio.

 

PUBLICADAS LISTAXES PROVISIONAIS DE FONDOLIBROS 2022/2023

Publicadas Listaxes Provisionais de Fondolibros para Educación Primaria.

 

Os interesados poden consultar o expediente:

 

1. Accedendo á aplicación "Fondolibros" no menú "Cidadáns" coa Chave 365 ou certificado dixital.

 

2. No taboleiro de anuncios situado no interior do colexio.

 

Prazo de reclamacións: As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes a

data desta publicación.

HORARIOS DE REUNIÓNS DE TITORÍAS INICIAIS PARA CURSO 2022-2023

Horarios establecidos para levar a cabo as titorías de aula cos mestres correspondentes para o curso 2022/2023: (Actualizado 2-9-2022)

MARTES 6

• 4º de Educación Infantil : 10:30 h 

• 5º de Educación Infantil : 10:30 h

• 6º de Educación Infantil: 10:30 h

 

• 1º de Educación Primaria: 11:15 h

• 2º de Educación Primaria: 11:15 h

  4ºB de Educación Primaria: 11:15h

MÉRCORES 7

• 3º  de Educación Primaria: 10:30h

• 4ºA de Educación Primaria: 11:15h

• 5º de Educación Primaria:12:00 h

• 6º de Educación Primaria: 12:30 h

 

 

Cada grupo de pais será recollido á hora establecida na porta polo mestre correspondente para acompañalos na subida ás aulas. 
Rógase puntualidade para súbir todos á vez.
Asistirá unha única persoa por alumno/a e sen nenos/as.

 

SOLICITUDES COMEDOR CURSO 2022-2023

  • Nos seguintes enlaces poden acceder á información relativa á solicitude de comedor para o vindeiro curso 2022/2023 e aos impresos necesarios para realizar os trámites:

 

FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2022

Aquí vos deixamos unha pequna mostra do noso Festival de Fin de Curso 2021/2022

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

Estimadas familias:

Comunicarvos que está aberto o prazo de formalización de matrícula para todos alqueles nenos e nenas que comenzarán neste colexio para o curso 2022/2023. Este prazo rematará o día 30 de xuño de 2022.

Podedes recoller na secretaría do centro os impresos de formalización, que deberán ser cubertos e asinados por ámbolos dous proxenitores, ou descargar o seguinte arquivo adxunto:

 

 

COIDA DO PLANETA

O alumnado de 3º de primaria foi facer un tramo do Camiño dos Faros (de Camelle a Traba). Tamén aproveitou para deixar a praia aínda máis limpa do que a atopou.

GRAFFITI : "PASAR TEMPO XOGANDO NUNCA SERÁ TEMPO PERDIDO"

Para continuar co noso proxecto de centro "Arte-Natureza-Movemento", o alumnado de 5º e 6º de primaria tivo a oportunidade de participar, xunto con profesionais, na creación dun Graffiti que decora o patio de Educación Infantil co lema: " Pasar tempo xogando nunca será tempo perdido".

 

Distribuir contido