Saltar navegación.
Inicio

Blogues

Biblioleo

 

Como o tempo acompañou, o club de lectura "Biblioleo" xuntámonos a beira do río. 

 

O grupo de alumnado de 3ºB recoméndanos "A despensa máxica"

Recibimos a visita da Garda Civil

Pois si, como ben di o título desta entrada, o pasado recibimos a visita da Garda Civil, e non dun Garda Civil, senón de varios equipos da Garda Civil, Seprona, Submarinos, Axentes antidrogas, explosivos... 

Foi unha experiencia que nos gustou moito.

Deixámosvos un pequeno vídeo onde podedes ver o que estivemos facendo.

 

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

Madriñas lectoras da semana

Esta semana unhas alumnas de segundo foron as nosas "madriñas lectoras". Grisela e "Mecachis quiero ser grande" sempre teñen éxito. 

Fixérono moi ben. 

Moitas grazas!

 

A ver que padriños e madriñas nos sorprenden as vindeiras semanas. 



 

Os nosos contacontos

Esta semana os nosos "contacontos" agasallaron aos máis pequenos cos seguintes contos: 

- "Monstruos patas arriba"

- "La llave de los sueños"

Que ben o pasamos! 

Grazas a todos/as!

 

 

LECTURAS TERRORÍFICAS

Polo Samaín levamos a cabo lecturas terroríficas para os máis pequenos. 

Tivemos uns padriños lectores xeniais que prepararon as súas lecturas e léronllas aos máis pequenos do cole. 

 

SAMAÍN E MAGOSTO 2022

Xa chegou o Samaín e o magosto ao noso cole. 

Hoxe estivemos gozando dunha xornada marabillosa, aínda que o tempo non nos acompañou como nos gustaría. 

A continuación podedes ver o ben que o pasamos. 

 

(PREMA NA IMAXE PARA VER O VÍDEO)

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR CURSO 2022/2023

 A resolución de 19 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (D.O.G. 30/09/22) establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos Consellos Escolares de centros de educación non universitarios.

 

O proceso, na parte que implica ós pais e nais dos alumnos, segue os seguintes pasos:

 

  1. Sorteo dos membros da Xunta Electoral.
  2. Convocatoria  e constitución da Xunta Electoral.
  3. Presentación de Candidaturas.
  4. Publicación dos Censos Electorais.
  5. Proclamación de candidaturas.
  6. Presentación de reclamacións, se as houbera.
  7. Votación e escrutinio.
  8. Proclamación de candidatos elixidos.
  9. Constitución do Consello Escolar.

 

O Sorteo público para a formación da XUNTA ELECTORAL mércores día 26 de Outubro ás 14:30 horas na Dirección do Centro.

 

Unha vez constituída (día 02 Nov.),  emitiráse información puntual do proceso mediante circulares .           

 

PREMA NO SEGUINTE ENLACE PARA ACCEDER Á INFORMACIÓN SOBRE AS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR:     

 

CIRCULAR INFORMATIVA AOS PAIS E NAIS

MAGO TETO E MAGO PACO

Os días 20 e 21 de outubro tivemos a oportunidade de gozar das actuacións do Mago Teto e o Mago Paco no auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo.

PLAN DIXITAL DE CENTRO

PROGRAMACIÓNS CURSO 2022-2023:

PREME NOS ENLACES PARA ACCEDER AS PROGRAMACIÓNS CORRESPONDENTES DO CURSO 2022_2023 (borrador):

 

Distribuir contido