Saltar navegación.
Inicio

Blogues

LECTURAS DA SEMANA

Esta semana as nosas madriñas lectoras prepararon un contiño:  "Paco". Un ratiño que só precisaba un abrazo para ser feliz:

 

CONTACONTOS DA SEMANA

Esta semana e para todo infantil "Guapa", un contiño que nos ensina a valorarnos tal e como somos.

 

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Con motivo da celebración do Día da Paz, o luns 30 de xaneiro, Javier Sampedro e Soraya Lema representaron no noso centro unha obra teatral con acompañamento musical, que nos invita a reflexionar sobre a importancia da paz no mundo. 

Ademais, coa colaboración de todo o alumnado do centro, construimos o noso " Muro da Paz" con bonitos mensaxes reivindicativas polo Día da Paz.

A continuación unha pequena mostra en imaxes:

 

    

CLUB DE LECTURA : " UN ABUELO INESPERADO"

Nesta semana o club de lectura Biblioleo debullamos a noveliña "Un abuelo inesperado".

TEATRO: O FEO DE CARAMUXO

O mércores 25 de febreiro o alumnado de Educación Infantil gozou da obra de teatro: "O FEO DE CARAMUXO", ofertada polo Concello de Vimianzo.

CONTACONTOS DA SEMANA

Esta semana as nosas contacontos fixeron gozar aos máis pequenos dos contos de : 

  • "Cocorico"
  • "Coelliño Branco"
  • "De qué color es un beso?"

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2023-2024

RESERVA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN IES TERRA DE SONEIRA

Alumnado que cursa 6º de Educación Primaria no curso 2022-2023.

Prazo de presentación: do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023

Lugar de presentación:

- no centro de orixe (CEIP Plurilingüe San Vicenzo)

- na aplicación admisionalumnado

Impresos a presentar: Anexo I e Anexo I-bis

Consulta das listaxes de alumnado admitido:

- o centro adscrito e o centro de adscrición publicarán no taboleiro de anuncios a listaxe definitiva de alumnado con posto reservado o día 22 de febrero.

- Na aplicación admisionalumnado

Normativa relacionada:

- Decreto 13/2022, do 3 de febrero

- Orde do 21 de outubro de 2022

Felices festas e feliz ano 2023

Remata este primeiro trimestre do curso 2022/2023. 

Nestes últimos días os/as cativos/as do cole fomos á pista de patinaxe, comemos chocolate con churros, bailamos, cantamos villancicos, fixemos manualidades e despedimos este ano dunha forma moi especial. 

Podedes ver todo o que estivemos facendo neste vídeo

 

Contacontos no Nadal

Nesta última semana do Nadal, temos unhas contacontos moi especiais. 

 

Esperamos que gocedes moito destas datas tan especiais. 

BO NADAL!

Visita de Miguel, o entomólogo a 4º de Educación Primaria

 

Hoxe foi un mércores moi especial nas cabanas de Jumanji de 4º de Educación Primaria. Estamos aprendendo moito sobre os animais invertebrados e para coñecer un pouco máis sobre estes animais, hoxe pasamos unha mañá moi entretida con Miguel, un entomólogo que coida e estudia artrópodos. 

Neste vídeo amosámosvos moitos dos animais que coñecemos nesta actividade. 

 

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

Distribuir contido