Saltar navegación.
Inicio

Blogues

ACTIVIDADES DE BIBLIOTECA NO MES DE DECEMBRO

 

 

 

      

    

O CAZO DE LORENZO: 3 DE DECEMBRO, UN DÍA PARA TODOS!

  

"Diferentes no voo pero...o mesmo dereito a voar."

 

O Cazo de Lorenzo é un conto que nos deixa unha gran lección de vida: todos en algún momento da nosa vida, podemos encontrarnos ante dificultades que nos parecen insuperables pero, non por iso, temos que rendirnos, ni escondernos, nin avergonzarnos. Bótalle un ollo a esta historia tan bonita que prepararon as mestras do DO e alumnado para que poida chegar a todos/as.

 


 

 

          

3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O 3 de Decembro conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. O Departamento de Orientación elaborou un Genially con información e actividades para sensibilizar á familias e ao alumnado. Preme na imaxe e bótalle un ollo a todas as propostas!!

25 Novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

 

No seguinte vídeo podedes ver unha pequena mostra das actividades que se fixeron no centro para conmemorar o día 25 de Novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

 

ACTIVIDADES DENDE BIBLIOTECA NO MES DE NOVEMBRO

 

      

  

   

 

 

FROITÓMETRO: POR UNHA ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Comezamos o noso reto! 

Co fin de potenciar unha alimentación saudable, utilizaremos o noso FROITÓMETRO para traballar con un sistema de puntos e conseguir superar o reto todos xuntos: traede aliementos saudables ao colexio para conseguir  máis puntos!!

 

ABERTO O PRAZO PARA A PARTICIPACIÓN NO PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE ED. PRIMARIA.

Aberto o prazo para presentar solicitudes de máscaras para o alumnado a partir de hoxe, 15 ata o 26 de novembro de 2021 na Secretaría do centro, en horario de 12:30 á 13:30h.

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021/2022.

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021/2022 que cumpra algunhas das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros.
  • Alumnado matriculado en educación especial.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia
  • Alumnado cin grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

FESTEXAMOS! SAMAÍN E MAGOSTO 2021

Unha pequena mostra do noso SAMAÍN E MAGOSTO 2021! 


 (PREMA NA IMAXE)

Distribuir contido