Saltar navegación.
Inicio

ABERTO O PRAZO PARA A PARTICIPACIÓN NO PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE ED. PRIMARIA.

Aberto o prazo para presentar solicitudes de máscaras para o alumnado a partir de hoxe, 15 ata o 26 de novembro de 2021 na Secretaría do centro, en horario de 12:30 á 13:30h.

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021/2022.

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021/2022 que cumpra algunhas das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros.
  • Alumnado matriculado en educación especial.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia
  • Alumnado cin grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.