Saltar navegación.
Inicio

Blogues

ABERTO O PRAZO PARA A PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Mañá, venres 21 de maio, ábrese o prazo para a tramitación de solicitudes para o fondolibros e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar dirixidas ao alumnado matriculado en Ed. Primaria,ESO, EE e alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

 

O prazo para a presentación de solicitudes rematará o día 22 de xuño de 2021.

 

Poden consultar toda a información no arquivo adxunto

* Nota: As rendas per cápitas superiores a 10.000 euros non serán beneficiarios da axuda para a adquisición de libros de texto (1º e 2º de Ed. Primaria) e/ou material escolar, agás naqueles casos onde se acredite unha discapacidade igual ou superior ao 33% ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez ou equivalente de clases pasivas.

 

 

PUBLICADAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021/2022

Todo o alumnado solicitante de admisión obtivo praza neste centro para o curso 2021/2022.

 

Poden consultar as listaxes definitivas:

 

  • Presencialmente. Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do centro escolar.  

 

  • Telemáticamente. Única e exclusivamente a través da aplicación  admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

 

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ÁRIAS

Con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas, este ano adicado á figura de Xela Arias, completamos o mural das Nosas Grandes Mulleres galegas engadindo nel a homenaxeada. Participaron todos os alumnos e alumnas do centro, decoraron a súa caricatura e traballaron distintos poemas da autora que representamos en forma de caligrama. Na imaxe podedes ver o resultado:

 

CONCURSO ECOVOZ DE RADIO VOZ

Dende o CEIP Plurilingüe San Vicenzo de Vimianzo queremos felicitar aos nosos alumnos e alumnas de 6º de primaria pola súa gran participación no concurso de Radio Voz, EcoVoz, no que o obxetivo principal é formar aos alumnos/as para defender e coñecer a natureza.

Despois de pasar a primeira fase, nesta ocasión competían polo paso a semifinais con alumnado do CEIP Luis Seoane, de Mera - Oleiros. A participación foi moi reñida, quedando ás portas unicamente por un punto. 

Noraboa a Leila Andrade, Brais Lema, Zoe Pérez, Iker Rodríguez, María Oreiro e Daniel Cambeiro e á súa titora Loly Lema, quen se encargou de coordinar e preparar ao equipo. 

 

Para poder acceder ao programa preme no seguinte enlace: selecciona 30 de abril (a partir do minuto 28 ).

 

SEMANA DO LIBRO:CONTOS PARA OS MÁIS PEQUENO e LIBRO VIAXEIRO

Na Semana do Libro, o alumnado de primaria preparou contiños e representacións para contar aos máis pequenos na hora de ler.

Fixérono xenial e gustounos moito a todos!! Ademais entre todo o centro fixemos o noso LIBRO VIAXEIRO con lendas, refrán,contos, poemas e coplas típicas de Galicia.

Aquí unha pequna mostra en imaxes

               

 

LIBRO VIAXEIRO

TEATRO NA SEMANA DO LIBRO: O EXÉRCITO DAS PAXARIÑAS

 

Soraya Lema, antiga alumna do centro,  e Adela Dios presentaronos a obra O EXÉRCITO DAS PAXARIÑAS, fábula inspirada no relato "A Fraga das Paxariñas" de Xela Arias, autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.

 

O EXÉRCITO DAS PAXARIÑAS

"Dúas Rapazas aventureiras atópanse co exército das paxariñas: a paxariña traductora, a poeta, a música e a reivindicativa. Todas elas forman a alma de Xela. Falan moitas lingüas, máis unha úneas a todas: a lingua galega. A través de fábulas e contos con acompañamento musical descubrimos a vida e obra da escritora."

 

Prema para vídeo

 

Moitas grazas por vir!! Encantounos!!

 

PUBLICADAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021/2022

Todo o alumnado solicitante de admisión obtivo praza neste centro para o curso 2021/2022.

 

Poden consultar as listaxes provisionais:

 

  • Presencialmente. Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do centro escolar.  

 

  • Telemáticamente. Única e exclusivamente a través da aplicación  admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

 

SEMANA DA PRENSA: 8 - 12 de marzo do 2021

Na Semana da Prensa traballamos cos xornais nas diferentes aulas do cole. Aquí tedes unha pequena mostra en imaxes do resultado final en cada curso:

             

             

8 DE MARZO: Implantemos a Igualdade

Con motivo da conmemoración do 8 de Marzo: Día da Muller, o alumnado de 5º e 6º de primaria participou na iniciativa do Concello de Vimianzo para promover a creación dun Xardín Vertical no miradoiro da Torre. Tanto o alumnado como as mestras plantaron a súa "semente" en prol da Igualdade.

Preme na imaxe para ver a galería de fotos

 

ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022.

Do 1 ao 22 de marzo, aberto o prazo de solicitude de admisión de novo alumnado no CEIP Plurilingüe San Vicenzo de Vimianzo.

Os impresos de solicitude de praza escolar serán os correspondentes aos anexos da Orde do 12 de marzo de 2013.

Métodos de presentación de solicitudes:

  • Recoller a solicitude no centro ou descargala na aplicación admisionalumnado, imprimir, cubrir e presentala no centro educativo (anexo II ED550B).
  • Presentar a solicitude no centro creada a través da aplicación.
  • Presentar a solicitude en Sede Electrónica a través da aplicación.

Prestar especial atención aos datos persoais, así como DNI ou NIE achegados ou xénero. Tamén se desexa ou non servizos de comedor e/ou transporte escolar ofertados polo centro. Poden ver as instruccións na mesma aplicación ou no taboleiro de anuncios do centro.

A listaxe provisional de admitidos e non admitidos publicarase no taboleiro de anuncios do centro antes do 26 de abril e a definitiva, antes do 15 de maio.

Distribuir contido