Skip to Content

Biblioteca Larapeto

Dalle a Lingua

No terceiro trimestre, o alumnado dos diferentes cursos participamos no programa Dálle a Lingua de ONDA CERO traballando así a expresión oral na lingua galega. Este luns 24 de xuño emitiuse o 1º programa patrocinado polo departamento de Normalización Lingüistica do Concello de Pontevedra e A Devesa. Neste programa, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º da EP comentaron aspectos  sobre diferentes proxectos que traballamos no centro, como  o "Mar", o  "Comercio"e "EduEmprende".

Poñede a orella e escoitade que ben se desenvolven estes locutores!!! Estaremos esperando o segundo programa de radio!

  

KAMISHIBAI

Hai uns días quedamos maravillados cunha forma diferente de contar contos: o Kamishibai!

Ángeles e Diego, alumnos de 4º, prepararon unhas historias con esta particular técnica orixinaria de Xapón. Consiste nun pequeno teatro de madeira que serve como soporte das láminas do conto que, por unha cara teñen as imaxes e pola outra o texto. 

Moitísimas grazas, sodes uns contacontos estupendos!!

Familias Contadoras.

Nesta ocasión contamos con Alba, a nai de Pedro e Roque, de Educación Infantil. Encantáronnos os dous contos que nos tiña preparados: "As chaves dos soños", co que deixamos voar a nosa imaxinación e "Quen ven esta noite?", no que descubrimos a verdadeira historia do Ratiño Pérez!

Moitas grazas por estes momentos tan máxicos! 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS XEVE CLUB 5ºA

Os nenos e nenas de 5ºA fixemos de BookTubers e recomendámoslles a todos os compañeiros do colexio os libros do autor Pedro Mañas, autor que foi todo un descubrimento para nós.

Ademais aconsellamos ler outras coleccións interesantes que podedes atopar na biblioteca do cole.

Aqui tendes o vídeo!



Familias contadoras

Seguimos recibindo a visita de novas familias contadoras! Nesta ocasión acompañounos Felisa, a nai de Andrea de 4º de E.I.

Escoitamos con moita atención a historia de "Rosa Caramelo" de Adela Turín, que nos fala de igualdade e de valentía. Moitas grazas por esta fermosa mensaxe! Esperamos que volvas pronto!

 

Estefanía comenta a visita ao noso cole!

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Estefanía publicou nas redes sociais a visita ao cole. Xa vos dixemos que quedara encantada! Noraboa ao pequechos de EI e a rapazada de 1º e 2º polo ben que traballastes!Risa

Visita de Estefanía Padullés.

Despois de esperala con tanta ilusión, o mércores 15 de abril chegou Estefanía Padullés, a ilustradora dos libros "A canción do Sol" e "Max e Lea". A rapazada de EI e máis a de 1º e 2º leron atentamente os libros e fixeron nas súas clases uns traballos marabillosos: debuxos, murais, collages, marcapáxinas, ilustracións 3D, aprenderon sobre os dinosaurios, ... Estefanía quedou encantada co que atopou no cole!

Tamén prepararon preguntas para facerlle despois de que ela nos contara as súas historias e debuxara para nós. Foi unha visita estupenda e agradecemos moito que viñera compartir cos seus lectores un tempo moi especial... E que firmara todos os nosos libros con cadanseu debuxo!!

Bravo por Estefanía!

    

 

Familias Contadoras.

Seguimos coas colaboracións das mamás na Biblioteca Escolar, e esta vez tocoulle o turno a Bárbara, a mamá de Ainhoa de 1º e de Gema de EI 3 anos. Contoulles dúas historias estupendas: "No hace falta la voz" de Armando Quintero e "Distinta" de Sozapato. Animámosvos a coñecer estes libros, paga a pena. Moitas gracias, Bárbara por compartir con nós este tempo lector. Ata a próxima!

Familias contadoras e científicas.

O pasado 9 de maio, veu a mamá de Alex de 3 anos e de Iker de 4º da EP. Primeiro, cos nenos de 3º e 4º de EP realizou  dous experimentos científicos: creación dun fluído no newtoniano e debuxos animados científicos.  

Tras isto,aos nenos de EI leulles o conto do 5 e tamén “A eiruga larpeira” acompañada duns bichiños moi especiais, uns vermes de seda. Encantounos todo!  Grazas, Patricia, por vir e compartir este tempo de lectura con nós! Pasamos un rato moi divertido. Contamos contigo para a próxima.

Distribuir contido


Ponte a Zero

by Dr. Radut