Skip to Content

Biblioteca Larapeto

SEMANA DO LIBRO

Para celebrar a  Semana do libro, os nenos e nenas realizaron moitas actividades organizadas polo equipo de Biblioteca Escolar. 

Contacontos con Anxo Moure.

Anxo Moure visitou onte o noso colexio para falarnos da importancia de coidar os nosos bosques. Aprendimos moito sobre a nosa contorna e pasámolo moi ben.

Contacontos sobre emociones con Raquel Queizás.

Os nenos e nenas de E. Infantil e 1º e 2º de E. Primaria, tivemos a sorte de divertirnos escoitando os contos de Raquel Queizás sobre as emociones. 

Esta actividade, englóbase dentro do proxecto dos contratos-programa EMOCIONA-TE.

No cole de Xeve facemos un pouco o indio.

Gracias á colaboración de Manuel Bernárdez, que nos regalou as canas, puidemos construir este marabilloso tipi no patio de Infantil.

 

 

Conmemoración 8 de marzo.

O pasado 8 de marzo conmemoramos o Día da Muller coñecendo e traballando sobre mulleres que deixaron a súa pegada na nosa historia. 

23 de febreiro: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

Este ano conmemoramos o día de Rosalía de Castro facendo un fermoso mural en común. Tamén recitamos alguns dos seus poemas. 

 "O Moucho". Nenos e nenas de Ed. Infantil:

O CHINEIRO DA TÍA MARÍA

Este luns, os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria, desfrutamos dunha sesión de contacontos ofertada polo Concello de Normalización Lingüística.

"O chineiro da tía María" é unha contada que emprega a técnica tradicional italiana do "cantastorie", no que se mistura a narración de historias, as pinturas en grandes lenzos e a música cooperativa. Pasámolo en grande!!

A comunicación non verbal en 5º

As nenas e nenos de 5º de E.P. quérennos contar algunhas cousas pero sen dicir nin unha soa palabra.

Como pode ser?

 

Antón Cortizas

O pasado 20 de maio os nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria tivemos a sorte de poder falar con Antón Corti¡zas, o autor, de entre moitos outros, do libro Vaia tropa! que estivemos a ler nas aulas.

Aproveitamos para preguntarlle moitas cousas sobre o l¡bro que nos chamaron a atención.Despois recitámoslle algúns dos seus poemas. Para rematar ensinounos a facer unha bolboreta con papiroflexia. 

Foi moi agradable e divertido, estamos desexando ler outros libros del.

Ciencia en movemento

Os alumn@s de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria tamén desfrutamos dos nosos respectivos obradoiros de ciencia en movemento.

Aprendimos moito e nos sorprenderon con numerosos experimentos.

Foi moi interesante como se pode ver no seguinte vídeo de resumo.

 

Distribuir contido


Ponte a Zero

by Dr. Radut