Skip to Content

Biblioteca Larapeto

Booktubers: "Libros para salvar o planeta"

@s alumn@s do cole quérenvos recomendar unha serie de libros para salvar o planeta. 

Esperamos que os disfrutedes.

 

Entrevista a Eloy Moreno

O pasado día 15 de xaneiro, os alumn@s de 6º, puidemos falar e entrevistar ao autor do libro que leimos no primeiro trimestre, Eloy Moreno; autor de éxitos como "Invisible" ou "Tierra".

Aquí vos deixamos a entrevista que lle fixemos.

 

Infantil cos animais

Comezamos a primaveira falando dos insectos, logo con Carvalho Calero fixemos galiñas, e para rematar entran o resto dos animais. E aquí está parte do noso traballo. Esperamos que vos guste!!

OS CONTOS DE INFANTIL- DÍA DO LIBRO

Polo DÍA DO LIBRO as nenas e nenos de Educación Infantil convertíronse nas portadas dos seus contos favoritos. Mirade que bonito lles quedou! Ademais ao final do video veredes unha pequena representación de "La zorra y las uvas" interpretada por Vera e Noa. VIVAN OS LIBROS!

LEMOS NA CASA! -DÍA DO LIBRO

Que vos parece se para celebrar o Día do Libro, entramos nos libros que temos na casa e mergullámonos nas súas historias? Tal e como fixo este pequeno marcapáxinas, que un día de vento descubriu cantas aventuras podía vivir gracias aos libros. A ver se vos gusta esta historia, "Much better now".

 

Much Better Now from Salon Alpin on Vimeo.

El increíble niño devorador de libros

A Enrique gústanlle os libros. Pero gústalle...comelos! Ata que un día colle un empacho e... Outra historia divertida que temos na Biblioteca e que poderás ler cando volvamos ao cole. Que ganas!!!

Maleta Viaxeira de Poesía

Este curso recibimos unha graaaan maleta chea de libros de poesía. Poemas para pequechos, para maiores, para pensar, para rir, para xogar... desfrutámolos na clase, levámolos para casa. A pena foi que a tivemos que devolver á Asesoría das Bibliotecas Escolares para que viaxara a outro colexio. Esperámola outro ano!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Libros recomendados para o nadal

Sempre é un bo momento cando desfrutamos da lectura. Aquí tedes uns poucos libros para tod@s.

MIGALLAS visita o cole

Coñecedes a Xulia Minguillón e a Frida Kahlo? Sónanvos Yayoi Kusama ou Sonia Delaunay? A nós si, porque pasamos un rato marabilloso con Migallas que nos explicaron, á súa divertida maneira, quen eran estas artistas. Cantamos, rimos e aprendimos moito!

Adiviña quen é?

A que non sabedes que foi este ano o noso personaxe sorpresa do nadal?

Pois foi DED MOROZ, unha especie de Papá Noel ruso que ven do frío. Aínda que é de moi lonxe estivo con nós na festa de nadal.

                                                      

Distribuir contido


Ponte a Zero

by Dr. Radut