Skip to Content

Biblioteca Larapeto

Salón do libro 2023

O pasado luns tivemos a sorte de voltar visitar O Salón do Libro en Pontevedra, onde fixemos distintas actividades e percorrimos as exposicións, onde pudemos atopar o noso propio traballo.

E, coma sempre, foi un gran pracer, saudar ao noso amigo Orbil!

Álbum: Curso 22-23 -> Salón do libro 23

SEMANA DO LIBRO 2023

Este ano celebramos de novo a Semana do Libro tal e como se merece. 

Fixemos unha chea de actividades partindo do equipo de biblioteca, para animar á lectura e dar á literatura infantil e xuvenil a importancia que se merece. 

Foi unha semana fantástica coa implicación de todo o alumnado e profesorado, onde non faltaron contacontos (a cargo de Tarabelos e Polo Correo do Vento), o tradicional mercadillo de libros usados, xogos de pregunta, a visita da autora Anair Rodríguez, deseño de colgadores, creación dun novo final para os contos tradicionais, e como non, a marabillosa actividade do "Apadrinamento Lector".

Podedes ver unha mostra de todo o que fixemos no seguinte vídeo:

 

 

SEMANA DO LIBRO 2023

Este ano tivemos a sorte de celebrar a semana do libro tal e como se merece.

Desta vez fixemos moitas actividades para lembrar a importancia da literatura para o noso alumnado. 

Non faltaron contacontos (a cargo se Tarabelos e Polo Correo do Vento), xogos de preguntas, deseño de colgadores, creación dun novo final para un conto, a visita da autora Anair Rodríguez,  o noso tradicional mercadillo de libros e como non, a fantástica actividade do "Apadrinamento Lector".

Podedes ver unha mostra de todo o que fixemos no seguinte vídeo:

 

TEATRO NA ESCOLA

O teatro veu a escola! Os cursos de 1º a 3º de Primaria desfrutamos dunha pequena obra de teatro sobre o coidado do medio ambiente e os diferentes elementos naturais. 

DÍA DA POESÍA

Para conmemorar o Día da Poesía tivemos no cole a visita da poeta Miriam Ferradáns, a cal fixo un obradoiro de poesía. Ademais, Larapeto fixo unha selección de libros de poesía que puidemos levar ás nosas casas. 

Álbum: Curso 22-23 -> Día da Poesía

Chocolatada de Nadal

O último día previo as festas de Nadal desfrutamos no centro dunha gran chocolatada con rosca de reis incluída. Ademáis recibimos a visita de dúas personaxes moi importantes nestas datas e, por se isto fora pouco, os voluntarios da biblioteca recibiron un agasallo polo seu gran traballo. Foi un día completísimo.

Álbum: Curso 22-23 -> Chocolatada Nadal

Recomendacións lectoras do Nadal

Nestas datas tan sinaladas e cheas de ilusión e de tempo libre, que mellor forma de pasar un bo rato que lendo un bo libro.

Larapeto, dende a súa biblioteca, fai estas recomendacións lectoras (preme na imaxe para poder velas) e deséxavos un bo nadal e un feliz ano novo.

Ata o próximo ano!

 

 

Álbum: Curso 22-23 -> Recomendacións lectoras nadal

25 N

O pasado 25 de novembro realizamos unha instalación artística co lema "NO COLE DE XEVE CAMIÑAMOS TOD@S XUNT@S CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO" no que participou todo o cole. Grazas ás familias polas aportacións de zapatos que cada nen@ pintou de cor morada de forma simbólica. 

Agardamos que nun futuro non teñamos que celebrar estas conmemoracións... Por un mundo en IGUALDADE e SEN VIOLENCIA!

 

 

CONTO TERRORÍFICO

Os nenos e nenas de todo cole fixemos unha historia terrorífica para festexar o día de Samaín. Cada un dos cursos elaborou unha parte da historia. Aquí vos deixamos o resultado final.

Recomendacións lectoras para o verán

Dende a biblioteca do cole Larapeto fixo estas recomendacións lectoras para todos e todas. 

Desfrutade do verán e que mellor forma de facelo que mergullándose nunha aventura entre letras.

Pincha na imaxe para ver as recomendacións

Álbum: Curso 21-22 -> Recomendacións literarias
Distribuir contido


by Dr. Radut