Skip to Content

EP

BAILE CON ADRIÁN ESPERÓN DE PONTEBAILE. 3º E 4º E.P.

O mércores 29 de maio o alumnado dos cursos de 3º e 4º de primaria tiveron a visita de Adrián Esperón da escola de baile PonteBaile de Pontevedra.
Aprenderon varios pasos e a puntuar unha competición.

 

Piragüismo en Dragóns na praia fluvial do Lérez 5º EP

O martes 28 de maio o alumnado de 5º de primaria achegouse ata a praia fluvial do Lérez para unha actividade de piragüismo en Dragóns e xogos na praia.
Compartimos está xornada cos colexios de Lérez, Campañó, Cabanas, Chancelas, Froebel e San José de Pontevedra.
A parte de Dragóns estivo a cargo do Club de Piragüismo Cidade de Pontevedra.
Tiveron un día estupendo.

Álbum: Curso 23-24 -> Piragüismo en Dragóns na praia fluvial do Lérez 5º EP

A XANELA MÁXICA

O pasado xoves 24 de maio, grazas a editorial Consorcio, tivemos a sorte de disfrutar  "A xanela máxica". Un teatro interactivo onde  traballamos  sobre que é o acoso escolar, como detectalo e combatilo. 

Álbum: Curso 23-24 -> A xanela máxica

SALVAMENTO ACUÁTICO 6º DE E. PRIMARIA. SESIÓN 1 E 2.

O 30 de abril recibimos no centro a David Bemposta, primeiro entrenador do Club de Salvamento Acuático Pontevedra (SAPO) para impartir a primeiras sesión desta modalidade deportiva ao alumnado de 6º de educación primaria.
Esta sesión serviu de preparación para unha vindeira na piscina de Campolongo.

Sesión 2: O luns 6 de maio o alumnado de de 6º de primaria desplazouse ata as Piscinas Municipais de Campolongo para a segunda sesión de Salvamento Acuático. 

Fixeron diversas probas co material de adestramento desta modalidade deportiva e tiveron o se primeiro contacto con él no medio acuático.

 

CLASE DE TENIS DE MESA CON EL CLUB DE MONTE PORREIRO. 4º E.PRIMARIA

Judith Cobas e Cristofer Santiago, membros do Club Tenis de Mesa Monte Porreiro achegáronse o xoves 25 de abril ao noso centro para impartir unha clase de iniciación desta modalidade deportiva ao alumnado de 4º de educación primaria.
Unha sorte poder ter esta experiência con estes campións !!
A sesión serviu de preparación para unha próxima visita o seu centro de adestramento no Príncipe Felipe.

 

XORNADA INTERCENTROS NO MULTIUSOS DA XUNQUEIRA. 3º E 4º E. PRIMARIA.

O martes 23 de abril o alumnado de 3º e 4º de primaria achegouse ao Pavillón Multiusos de A Xunqueira en Pontevedra para participar nunha xornada Intercentros.
Xunto co alumnado dos outros colexios da contorna practicaron rugby cinta, balonmán, baile, xogos tradicionais e RCP (reanimación cardiopulmonar).
Contamos coa colaboración do S.D. Teucro, a Escola de Enfermería, o Pontevedra Rugby Club, a escola de baile PonteBaile de Adrián Esperón, o alumnado do Grao Superior en Ensinanza e Animación Sociodeportiva (TSEAS), Supermercados Froiz e o Servizo Provincial de Deportes.

 

PIRAGÜISMO DRAGÓNS 6º EP NO PONTILLÓN DO CASTRO.

O 18 de abril o alumnado de 6º de primaria achegouse ao encoro dó Pontillón do Castro, en Verducido para ter unha xornada de piragüismo na modalidade de Dragóns    Foi impartida por mestres da Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra, dentro do programa de colaboración do Servizo Provincial de Deportes co CFR de Pontevedra.

Álbum: Curso 23-24 -> Piragüismo Dragóns 6º no Pontillón do Castro

TENIS NO CLUB DE TENIS PONTEVEDRA. 3º E 4º E. PRIMARIA.

O martes 16 de abril tiveron unha xornada de iniciación ao tenis nas instalacións do Club de Tenis Pontevedra o alumnado de 3º e 4º de educación primaria.
Compartiron esta clase cos colexios de Cabanas, Parada Campañó, Froebel e Isidora Riestra.
Practicaron os golpes básicos de dereita e de revés, fixeron xogos e o pasaron moi ben.

Álbum: Curso 23-24 -> Tenis no Club de tenis Pontevedra 3º e 4º

PONTENCIENCIA 2024

O pasado venres 3 de maio o alumnado de 6º de E.P. participou na feira de Pontenciencia onde presentaron a súa investigación "A guerra química das plantas exóticas invasoras". Despois de meses de traballo e investigación chegaron ó momento de poñer en escena e expoñer todo o descuberto. Así durante dous días de feira científica compartiron con moito público dita investigación. Tamén tiveron a oportunidade de achegarse á ciencia, á tecnoloxía e  á investigación que se promove dende a Facultade de Vigo a través de varios talleres.

Noraboa ó noso alumnado por seguir medrando, aprendendo e ensinando!

Álbum: Curso 23-24 -> Pontenciencia

PONTENCIENCIA 2024

Un ano máis o alumnado do cole participou, tras meses de investigación, no Pontenciencia 2024. Este ano a investigación sobre "A guerra química das plantas exóticas e invasoras" levounos a coñecer moito sobre as plantas autóctonas e as invasoras. Por último, deleitaron a moito público coa súa exposición deixando ver todo o que investigaran e aprenderan.

Tivemos a sorte de poder desfrutar todos e todas dos distintos obradoiros de ciencia que nos que conseguiron achegar á cultura científica, tecnolóxica e da innovación que se pretende celebrar con esta Feira da miniciencia.

Álbum: Curso 23-24 -> Pontenciencia
Distribuir contido


by Dr. Radut