Skip to Content

EP

Rematando o primeiro trimestre!!

O último día antes das vacacións celebramos o Nadal de forma especial. Dende Asturies veu visitarnos L'Anguleru, personaxe do Nadal asturiano, que tivemos que adiviñar con pistas que fomos recibindo ás aulas durante a semana. Encantounos a súa visita, e aínda máis as lambetadas que repartiu a todos os nen@s!

Ese día tamén fixemos o intercambio de postais do "amigo invisible" e traballamos un montón, coa colaboración dalgunhas mamás e papás, nos obradoiros de Nadal.

Para rematar o día, os rapaces e rapazas de sexto traballaron arreo preparándonos e servíndonos unha merecidísima chocolatada cunha rosca!!!! Bo proveito!!!!

Revolucionando o Nadal!

Canto traballamos para decorar o "noso cole"! Fixemos unha grande árbore de Nadal formada por moitas pequenas árbores decoradas por todos os alumn@s. Ademais disto, adornamos a entrada do cole poñendo  unha cheminea para Papá Noel, as portas  e os interiores das aulas con motivos navideños. Mirade que bonito nos quedou todo con este vídeo!



Radio Xeve!

 

Entre as actividades de Nadal comezamos cunha entrevista en "Radio Xeve" na que os alumnos/as de 4º e 6º de EP fixeron preguntas "insólitas" sobre Papá Noel e o Nadal aos nenos/as de Educación Infantil. Tanto entrevistadores como entrevistados desfrutaron moito e responderon con moito inxenio ás preguntas. 

   

 

 

Despedimos aos profes Elena e Pancho!

Nos últimos meses do 2018 producíronse as xubilacións de dous grandes mestres do centro: Pancho e Elena. Cos mellores desexos de todos, recibiron uns agasallos para que non se esquezan de nós. Aí quedan as fotos que constatan ese momemto. 

Unha aperta moi forte para eles e o noso agradecemento pola súa dedicación e compañerismo.

        

        

 

Cartas camiño a Oriente!

Os pequenos e os non tan pequenos agardan con moita ilusión a chegada das Súas Maxestades, por iso antes de que veñan acoden coas súas cartas e peticións ao buzón máxico.

 

Un Nadal diferente...Un Nadal solidario

           

Comeza o Nadal, época na cal nos acordamos daquelas persoas sen recursos e menos favorecidas da sociedade. Ante isto, propúxose á comunidade educativa participar nunha campaña de recollida de alimentos, xoguetes e libros. Este ano, Cáritas foi o  destinatario oficial. 

 

Navegando con Rumbo!!!

O día 19 de decembro, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria asistiu a unha charla informativa incluida dentro da acción Navega con Rumbo.

                     

O Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo é unha iniciativa encamiñada a que os escolares naveguen con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet. A súa intención é mentalizar ao alumnado da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos.

Galiñeando

O día 4 de decembro o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria acudiron a Pontevedra para ver  a obra de teatro "A Galiña azul" inspirada no libro de Carlos Casares. 

Ao rematar, foron a ver a exposición do Café Moderno que viron os cursos restantes.

               

SQUASH EN XEVE!

Os nenos/as de educación primaria ó longo do primeiro trimestre, tras investigar sobre o squah, practicaron este deporte no centro. Mirade que bos deportistas temos en Xeve!

        


       

Distribuir contido


by Dr. Radut