Skip to Content

blogue deAdmin2

CONTACTO

 

CONSERXERÍA: 886151906

DIRECCIÓN: 886151905

SECRETARÍA: 886151906

CORREO ELECTRÓNICO: ceip.santoandre.xeve@edu.xunta.es

 

 

O esquema corporal en Infantil

Esperamos que vos gusten os chulos que quedaron os vosos traballos sobre o esquema corporal.Mirade, mirade !!!
 
 
 

Visita a Salcedo!

Os cursos de 3º e 4º visitamos os petróglifos de Salcedo. Tivemos a sorte de contar cun experto na materia como é o arqueólogo Rafael Quintía  que nos ensinou o gran número de petróglifos que hai nesa zona. Tamén contounos lendas sobre as mouras que trataban de explicar estas curiosas marcas nas rochas. Despois  visitamos un poboado neolítico que simulaba a perfección como vivían fai tantos e tantos anos. Foi unha experiencia moi interesante. 

 

Día Internacional da Alimentación Saudable!

O  16 de outubro conmemorouse no centro o Día Internacional da Alimentación Saudable a través da análise de etiquetas dunha serie de produtos. Esta actividade realizaouse en cada unha das aulas para rematar expoñendo nun panel a etiqueta e o azucre que contiña cada produto. 

Mirade amigos/as canto azucre  consumimos. Hai que ter coidadiño para levar unha alimentación saudable!

        

Visita á base dos bombeiros forestais de “O Campiño”

As expectativas con esta saída estaban moi altas, e a verdade, cumpríronse con creces. Aínda que xa coñeciamos regras básicas como que non debemos facer un grellada no monte, descoñeciamos outra serie de cousas importantes. Os bombeiros forestais da base de “O Campiño” ensináronnos que se nalgún caso nos vemos no medio dun incendio debemos movernos monte abaixo; que sempre debemos deixar o monte limpo para non producir lumes; que debemos informar nas nosas casas de todo o aprendido e mesmo nos ensinaron imaxes deles en acción.

 

 Ademais de todas estas cuestións teóricas, experimentamos como debemos apagar un lume coa mangueira (a auga debe dirixirse cara a base do lume) e como nos podemos protexer da calor do lume facendo unha cortina de auga coa mangueira. É espectacular!

 

 O prato forte da saída foi a visita ao heliporto. Alí estaba, o gran helicóptero que utilizan os bombeiros para apagar as lamas. Explicaron un milleiro de cousas interesantes: que viaxan aos incendios en helicóptero, as ferramentas que levan consigo e como se deben utilizar, e mesmo vimos a bolsa de auga que colga do helicóptero. O máis incrible foi que puidemos montar nel e poñer os cascos que utilizan os bombeiros para minimizar o ruído.

 

 

 

BÚSCASE ECO-MASCOTA!!!

Este venres Larapeto mandoulle unha carta ó alumnado buscando un novo compañeir@ de aventuras. Para axudarlle, os nen@s deberán realizar unha ECO-MASCOTA. Aquí tedes a carta  e as bases para participar neste  I Concurso.

Semana polo Clima

O venres 29 de setembro, o alumnado de 5º e 6º da Educación Primaria sumouse á  Folga Mundial polo Clima convocada a nivel internacional ante a situación de emerxencia climática. A pesar da chuvia, o alumnado saíu á rúa reinvindicando que coidar o planeta é cousa de todos.

Para ver máís fotografías da manifestación pulse aquí

Pero isto non foi todo! Dende o colexio, os ne@s de EI e EP participaron nunha xornada de educación ambiental. Para iso, acudiron  con camisetas verdes, realizaron un minuto sen luz e visionaron varias curtametraxes  sobre a reciclaxe, o uso dos plásticos, o impacto nos animais, a contaminación...

 

Festival 1º E 2º de Educación Primaria

Mirade que ben o fixeron o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut