Este curso recibimos unha graaaan maleta chea de libros de poesía. Poemas para pequechos, para maiores, para pensar, para rir, para xogar... desfrutámolos na clase, levámolos para casa. A pena foi que a tivemos que devolver á Asesoría das Bibliotecas Escolares para que viaxara a outro colexio. Esperámola outro ano!