Un ano máis participamos no obradoiro de Ecopercusión, creando música a partir de materiais de refugallo. Un obradoiro inclusivo que acolle a todo o alumnado a través da música.
Desfrutamos moito seguindo os ritmos e explorando cos sons.
Como todos os anos no último curso de primaria, realizamos a actividade para aprender a identificar cogumelos explorando o monte comunal de Santa María de Xeve acompañados por Miguel Lameiro, da asociación Brincabois.
Primeiro Miguel realizou unha charla sobre o mundo dos cogomelos para coñecer un pouco máis que son, como se reproducen, cal é a súa función, como debemos recollelos e sobre todo cales son as máis abundantes na nosa contorna e distinguir cales son tóxicas e cales non. Xa coas ideas claras, saímos aos montes da nosa contorna na procura destes fungos. A pesar do día (xa é unha tradición que chova nesta saída) tivemos unha gran colleita de cogomelos de todo tipo. Enchemos as cestas que levamos con nós!
Grazas á asociación Brincabois, logo puidemos realizar unha fantástica exposición no cole.
O alumnado de 6º de E. Primaria pon fin á súa experiencia empresarial participando no mercadillo organizado pola Deputación de Pontevedra "Depoemprende" en Vigo.
Fíxose tamén a entrega de parte dos beneficios da Cooperativa a dúas asociacións benéficas: Banco de Alimentos e Cruz Vermella.
Foi unha actividade moi enriquecedora, na que nos achegamos un pouquiño ao mundo empresarial, traballando en equipo e desenvolvendo diferentes actividades.
Grazas á Inspectora da APLU e os contos "Lonxe de todo", o alumnado de 6º de Ed. Infantil e 1º de Ed. Primaria, desfrutaron da súa experiencia como Inspectores Urbanísticos por un día. Que ben o pasamos!