REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 4º EI (3 ANOS)

 

O venres 6 de setembro  ás 11. 00 horas terá lugar, na Biblioteca do centro,  a reunión de inicio de curso coas familias do alumnado de 4º EI (3 anos). O titor informará dos aspectos e cuestións máis relevantes neste comezo de curso e resolverá calquera dúbida que teñades.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2019/2020

No seguinte enlace pódese consultar a listaxe definitiva de admitidos e admitidas no fondo solidario de libros de texto 2019/2020.

CHORIMA 2019

Aquí tedes un novo exemplar da nosa revista CHORIMA.

 

 

LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2019/2020

No arquivo adxunto pódese consultar a listaxe de libros e material para o curso 2019/2020.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 2019/2020

O prazo para a formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño de 2019. A documentación a presentar será a seguinte:

- Impreso de matrícula: Pódese descargar aquí ou recollerse na secretaría do centro.

- Certificado de empadroamento

- 4 fotografías tamaño carné.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

- Fotocopia do libro de vacinas ou certificado médico.

LILIARTE - OS NOSOS PINTORES

Estes son os pintores traballados polo noso alumnado durante o segundo trimestre. Preme na imaxe para acceder ao blog da Biblioteca onde atoparás máis información. 

 

LILIARTE

 

 

 

LILIARTE é o PDI que estamos desenrolando este ano no noso centro. O obxectivo fundamental deste proxecto é que os nosos alumnos e alumnas se acheguen a ARTE dun xeito lúdico e motivador. Lili a nosa mascota propuxo distintas actividades ao longo do curso:

  • "Breves pinceladas da historia da pintura": No primeiro trimestre, o Equipo da Biblioteca elaborou, a modo de resumo, un libro de fichas cos principais movementos pictóricos.
  • "O noso pintor": Durante o segundo e parte do terceiro trimestre, cada clase escolleu a un pintor e traballou a súa obra. Os resultados pódense ver no gran Museo LILIARTE, creado nos corredores do noso centro.
  • "Coñecendo a pintores galegos": Aproveitando a celebración das Letras Galegas, o noso alumnado reproduciu as obras de grandes pintores da nosa terra. 

ESCOLARTE

Como xa sabedes este ano estamos participando en ESCOLARTE, un proxecto no que participamos os tres colexios de primaria de As Pontes. A arte é o eixo fundamental deste proxecto, cuxo obxectivo fundamental é potenciar e fomentar o uso da nosa lingua. O proxecto consta de tres partes:

  • SocializARTE: Consiste en intercambios comunicativos entre os diferentes coles. E-mail, carta, vídeo..., calquer formato é válido para conseguir que o noso alumnado se comunique na nosa lingua.
  • CulturizaARTE: Nesta fase invitamos aos centros a que compartan o seu traballo sobre a ARTE mediante visitas presenciais ou audiovisuais.
  • LembrARTE: A última parte será unha gran Xornada de Convivencia dos tres colexios no lago da localidade. Toda a Comunidade Educativa dos tres centros e de ASPANAES participará o vindeiro 21 de xuño nesta gran "festa" que suporá o broche final a un proxecto que contamos se volva a repetir no futuro.

Aquí vos deixamos o link ao blog que se creou para este proxecto. Esperamos que vos guste. Preme na foto para acceder ao blog.

 

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019

O pasado 16 de maio tivo lugar no Cine Alovi o noso Festival das Letras Galegas. A celebración foi un homenaxe a Antonio Fraguas e á nosa lingua. Coa axuda de cancións, poesías, contos, bailes e obras de teatro celebramos esta importante data. Noraboa ao noso alumnado, que, coma sempre, fixo un gran traballo.

Ademais durante toda a semana nas aulas traballouse a figura do autor homenaxeado este ano.

Preme na imaxe para ver as fotos desta conmemoración.

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E PARA A PARTICIPÀCIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 19/20

 

        No DOG do día 20 de maio de 2019 publícase a Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/20 (Código de procedemento ED330B).

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o venres 21 de xuño de 2019.

Preme na foto para obter máis información.

 

 

Para acceder á aplicación fondolibros, segue este enlace.

 

Distribuir contido