REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 4º EI (3 ANOS)

O luns 10 de setembro  ás 11. 00 horas terá lugar, na Biblioteca do centro,  a reunión de inicio de curso coas familias do alumnado de 4º EI (3 anos). O titor informará dos aspectos e cuestións máis relevantes neste comezo de curso e resolverá calquera dúbida que teñades.

 

LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2018/2019

Preme na imaxe para poder ver a listaxe de libros de texto e material escolar para o curso 2018/2019.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2018/2019

No DOG do día 21 de maio de 2018 publícase a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/19.

O PRAZO ESTÁ ABERTO DO 22 DE MAIO AO 22 DE XUÑO. 

 

Preme na imaxe para obter máis información. 

Para acceder a aplicación fondolibros segue este enlace.

No arquivo adxunto podes consultar a listaxe coa documentación a presentar.

 

XVIII REBUMBIO MATEMÁTICO

 

 

O pasado 27 de abril, tres dos nosos alumnos de sexto, Xosé Castro, Eliot Meizoso e María Permuy,  participaron na XVIII edición do Rebumbio Matemático.

Esta actividade está organizada pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA). Trátase dunha actividade que quere fomentar o espírito cooperativo e o traballo en equipo. Os alumnos tiveron que resolver seis problemas de forma conxunta. Na súa realización alternáronse actividades de tipo manipulativo coas de dedución e razoamento.

Na valoración dos traballos terase en conta o método empregado, a súa orixinalidade, os procesos de representación e a expresión escrita. O próximo 4 de maio coñeceremos a relación de equipos clasificados para a fase final.

 

ENTREVISTA DAVID ROCHELA

Aquí tedes o video coa entrevista que os alumnos de cuarto realizaron a David Rochela.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS CURSO 2018/2019

No seguinte enlace pódese consultar a listaxe provisional de admitidos para o curso 2018/2019. O prazo para a formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

VEN AO NOSO COLE

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2018/2019

Do 1 ao 20 de marzo estará aberto o prazo de admisión para o curso 2018/2019.

 

 

 

CELEBRACIÓNS E CONMEMORACIÓNS 2º TRIMESTRE

 

 
DÍA DA PAZ   ENTROIDO OLÍMPICO
     
     

SAÍDAS 1º TRIMESTRE

 

 
VISITA Á EXPOSICIÓN "SONORO EMPEÑO" E A EXPONAV (FERROL) 1º, 2º, 5º e 6º EP   VISITA Á ECOESCOLA DE "AS CAMPEIRAS" (AS PONTES) 3º EP
     
 
VISITA A EROSKI (AS PONTES) 4º EP   VISITA A GADIS (AS PONTES) EDUCACIÓN INFANTIL
Distribuir contido