Identidade

Liña educativa a seguir.

Identidade

Enviado por Anónimo o Mér, 11/26/2008 - 20:07

As ideas que caracterizan o noso centro son:

1. Pleno desenvolvemento da personalidade do alumno poñendo o acento educativo no " aprender a ser ", en formar a persoa a base de priorizar o papel das actitudes, os valores e as normas como orientadores do currículo.

2. Educación con calidade para todo o alumnado independentemente das súas condicións ou circunstancias.

3. Desenvolver as capacidades intelectuais, técnicas de estudo e destrezas psicomotoras, conseguindo unha correcta presentación dos traballos.

4. Valorar a nosa lingua facendo uso dela nas situacións de comunicación que se requiran e adoptar unha actitude de respecto ante as intervencións das outras linguas.

5. Crear hábitos de estudo e investigación, afeccións artísticas, científicas e culturais, fomentando as actividades extraescolares.

6. Orientar ao alumno cara a búsqueda de valores que o leven ao respecto de si mesmo e dos demais, co sentido da responsabilidade persoal e colectiva.

7. Crear unha auténtica comunidade educativa como expresión dunhas relacións humanas dirixidas cara a intereses comúns, que facilite o logro dos obxectivos persoais de formación e superación de todos os seus compoñentes, de xeito que faga posible a convivencia en liberdade, respecto, afecto e solidariedade, con igualdade entre sexos, rexeitando todo tipo de discriminación e respectando todas as culturas.

8. Desenvolver no alumno un coñecemento crítico  e analista do entorno, profundizando na atención en valores.

9. Mellorar a calidade no proceso educativo e na convivencia.

10. Preparar para o exercicio da cidadanía.

11. Preparar para participar activamente na vida social e cultural.

12. Reforzar o uso da lingua galega aplicando as normativas que axudan a consolidar ou aumentar a presenza do galego no centro.

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido