O CEIP Santa María está formado por dúas edificacións diferenciadas.
A planta baixa do pavillón pequeno está ocupada polas tres aulas de educación infantil, para nenos de 3, 4 e 5 anos.
Na primeira planta están 1º e 2º curso de primaria e o local da ANPA.
Na planta baixa do pavillón grande temos os locais adicados a Departamento de Orientación, Audición e Linguaxe, biblioteca, aulas de usos múltiples e informática, sala de mestres, dirección, secretaría, titoría, material deportivo e almacén de materiais diversos.
Na planta alta están as aulas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, Música, Lingua Estranxeira e Pedagoxía Terapéutica.