XORNADA DE PORTAS ABERTAS

PROGRAMA REFÓRZA-T

O pasado luns 20 de xaneiro comezamos a actividade REFÓRZA-T, un contrato-programa da Consellería de Educación para a mellora do ensino.

Consiste en clases de reforzo para o alumnado de 3.º, 4.º, 5.º e 6.º de Educación Primaria impartidas pola profesora Iria Pacio, nomeada pola Administración. Prestará apoio directo nas aulas de 5.º e 6.º en horario de mañá e a grupos de alumnos dos catro niveis pola tarde.

Establecerase un contacto permanente cos titores dos nenos participantes para conseguir unha mellora nos resultados académicos e nas dinámicas de traballo. Como coordinadora deste proxecto contamos con Marta Vilasuso, a nosa orientadora.

 

 

Carreira A Fraga

O 5 de Decembro o alumnado de 2º a 6º de Educación Primaria participou cos centros da contorna na Carreira da Fraga da man do programa Xogade. Foi unha xornada deportiva e lúdica, na que todos demostraron as súas habilidades e gozaron ao aire libre. As AMPAS colaboraron con nós cunha peza de froita fresca e auga. GRAZAS A TODOS/AS!

CELEBRAMOS O NADAL

00/00/
Array

Este ano celebramos un nadal moi especial. Ademais das actuacións no cine onde representamos como novidade a obra "El Cascanueces", tivemos a visita especial de Papá Noel. Como tradición sacamos as fotos na árbore da entrada este ano decorada como unha estrela de cine. Deixámosvos unhas fotiños como mostra do moito que gozamos!  Sorriso

 

 

OBRA DE TEATRO PARA FOMENTAR A IGUALDADE DENDE O CONCELLO

00/00/
Array

                                                            

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

00/00/
Array

O pasado luns 25 de novembro celebramos unha emotiva xornada en contra da violencia de xénero cunhas actividades de sensibilización como as que podedes observar a continuación.

                                                                                                                                                           

HOCKEY

00/00/
Array

    O alumnado de Educación Primaria nas clases de Educación física gozou da compañía de deportistas pertencentes ao clube de Hockey. Aprenderon moito xogando!                          

 

 

 

                                                                                                                            

VISITA AO CONCELLO

00/00/
Array

Durante o primeiro trimestre unha das saídas que se realizaron foi a Visita ao Concello polo alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria; coincidindo cos nosos compañeiros e compañeiras do CEIPP A Fraga. Aprendemos un montón!

                   

                                                                                                        

 

Samagosteen

O pasado 30 de outubro celebramos a festa de Samagosteen no nosos centro. Esta festa como todos os anos une as tradiciónais Halloween, Magosto e Samaín nunha soa celebración. Este ano gozamos dunha merenda agasallo da ANPA que estaba moi boa. Ademais de participar en diferentes xogos populares e adornar as cabazas, o noso alumnado gozou na biblioteca dun "Teatro de Sombras" que nos encantou! Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasamos!

 

 

 

 

                                                     

INICIO DO CURSO 2019/2020

O mércores día 11 de setembro dará comezo un novo curso escolar. O horario será de 9.00 a 14.00.

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido