Plan TIC
Carreira A Fraga
Enviado por Anónimo o Ven, 01/24/2020 - 17:54O 5 de Decembro o alumnado de 2º a 6º de Educación Primaria participou cos centros da contorna na Carreira da Fraga da man do programa Xogade. Foi unha xornada deportiva e lúdica, na que todos demostraron as súas habilidades e gozaron ao aire libre. As AMPAS colaboraron con nós cunha peza de froita fresca e auga. GRAZAS A TODOS/AS!
CELEBRAMOS O NADAL
Enviado por Anónimo o Mar, 01/07/2020 - 20:07Este ano celebramos un nadal moi especial. Ademais das actuacións no cine onde representamos como novidade a obra "El Cascanueces", tivemos a visita especial de Papá Noel. Como tradición sacamos as fotos na árbore da entrada este ano decorada como unha estrela de cine. Deixámosvos unhas fotiños como mostra do moito que gozamos!
OBRA DE TEATRO PARA FOMENTAR A IGUALDADE DENDE O CONCELLO
Enviado por Anónimo o Dom, 12/08/2019 - 13:26
DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Enviado por Anónimo o Dom, 12/08/2019 - 13:18O pasado luns 25 de novembro celebramos unha emotiva xornada en contra da violencia de xénero cunhas actividades de sensibilización como as que podedes observar a continuación.
HOCKEY
Enviado por Anónimo o Dom, 12/08/2019 - 13:05O alumnado de Educación Primaria nas clases de Educación física gozou da compañía de deportistas pertencentes ao clube de Hockey. Aprenderon moito xogando!
VISITA AO CONCELLO
Enviado por Anónimo o Dom, 12/08/2019 - 12:53Durante o primeiro trimestre unha das saídas que se realizaron foi a Visita ao Concello polo alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria; coincidindo cos nosos compañeiros e compañeiras do CEIPP A Fraga. Aprendemos un montón!
Samagosteen
Enviado por Anónimo o Dom, 12/08/2019 - 12:00O pasado 30 de outubro celebramos a festa de Samagosteen no nosos centro. Esta festa como todos os anos une as tradiciónais Halloween, Magosto e Samaín nunha soa celebración. Este ano gozamos dunha merenda agasallo da ANPA que estaba moi boa. Ademais de participar en diferentes xogos populares e adornar as cabazas, o noso alumnado gozou na biblioteca dun "Teatro de Sombras" que nos encantou! Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasamos!
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Enviado por Anónimo o Mar, 11/18/2025 - 23:00O 24 de outubro celebramos o "Día das Bibliotecas Escolares". Como todos os anos puxemos a camiñar as mochilas viaxeiras dos diferentes curso, este ano con novidades como os e-book para Primaria e as tablets en Educación Infantil. Ademais aproveitouse para agasallar cos carnets de biblioteca ao novo alumnado e profesorado amenizando a xornada con diferentes actividades lúdicas.
Carreira A Fraga
Enviado por Anónimo o Ven, 01/24/2020 - 17:35O 5 de Decembro o alumnado de 2º a 6º de Educación Primaria participou cos centros da contorna na Carreira da Fraga da man do programa Xogade. Foi unha xornada deportiva e lúdica, na que todos demostraron as súas habilidades e gozaron ao aire libre. As AMPAS colaboraron con nós cunha peza de froita fresca e auga. GRAZAS A TODOS/AS!