Skip to Content

PVAD

PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA

XOGOS APADRIÑADOS

Que mellor que xuntar xogos e convivencia neste derradeiro día de curso.

O alumnado maior axudou e xogou cos pequenos neste día de festa e diversión.

 

Álbum: CURSO 2023/2024 -> Xogos fin de curso

Día da EF na rúa

O 30 de maio, a Educación Física estivo de festa. Os nenos e nenas de 6º de primaria xuntáronse en María Pita cos alumnos e alumnas do CEIP Curros Enríquez, CEIP Víctor López Seoane, CEIP Novo Mesoiro e CPR Salesiano para dar visibilidade a área de Educación Física e a súa importancia para o desenvolvemento físico e psíquico das persoas.

Este ano os protagonistas foron os deportes alternativos, a Rosquilla, o Twincon e o  Noqball.

O pasamos xenial neste día de festa e convivencia.

Álbum: CURSO 2023/2024 -> Día da EF na rúa

Roteiros polo barrio

Desta vez a Milla Diaria e levounos ao barrio.

Para celebrar o "Día da EF na rúa" os alumnos e alumnas de Visma e saíron a camiñar polos espazos verdes da contorna e os parques para celebara 

O alumnado de primaria fixo unha andaina polo barrio de Visma e o parque Adolfo Suárez, mentres que os pequenos e pequenas de infantil camiñaron polo parque dos Mariñeiros e polo percorrido do colexio.

Álbum: CURSO 2023/2024 -> Roteiros polo barrio

FILLOS DE BREOGÁN, FÚTBOL GAÉLICO

En San Pedro de Visma gústanos coñecer deportes novos.

Este curso tivemos a sorte de contar co club "Fillos de Breogán" que nos ensinou un deporte totalmente descoñecido para nós, o fútbol gaélico.

Moitas gracias, Fillos de Breogán, por achegarnos este deporte cheo de diversión e traballo en equipo.

Álbum: CURSO 2023/2024 -> Fútbol gaélico

VISITA DE 100TOLOS

Outro ano máis contamos coa visita do club coruñes de esgrima, 100Tolos.

Todo a alumnado de 1º a 6º de primaria puido seguir avanzando no coñecemento e práctica deste deporte.

Moitas gracias, 100Tolos

Álbum: CURSO 2023/2024 -> 100Tolos esgrima

CELEBRAMOS O 25-N

O alumnado de Visma sumouse ao 25-N para reivindicar esta data tan sinalada facendo unha andaina polo centro e cubrindo de verbas de esperanza para as mulleres que están a sufrir esta violencia.

Ogallá, entre todas e todos consigamos que o 25-N deixe de ser necesario.

 

MAGOSTO: XOGO E CASTAÑAS

Chegou o Magosto ao SPV! E celebrámolo comendo castañas asadas e facendo xogos tradicionais.

Foi un día moi especial que puidemos festexar todos xuntos! Preme na imaxe para ver que aconteceu

 

RECREOS ACTIVOS CURSO 2023-24

Que ninguén quede sen xogar!

Este curso todo a alumnado do centro contará con caixas de material deportivo por cursos para empregar no tempo de lecer. Xogos tradicionais. pelotas, aros, cordas, instrumentos musicais, malabares... encherán de xogos e actividade os nosos patios.

Ademais soamente se podorán usar balóns os días marcados.

Queremos que os nosos patios sexan de todos e todas e para todos e todas!

O propio alumnado encargarase de levar ao patio, recoller e solicitar o material que se perda ou se queira cambiar.

Álbum: CURSO 2023/2024 -> Recreos activos

MUSEOS DO MUNDO

Xa temos todo preparado para arrincar a nosa viaxe polo mundo para coñecer os seus principais museos.

A viaxe vainos levas a sitios tan lonxe como Rusia, Venezuela... e tan preto como o museo de Velas Artes de A Coruña.

Ao longo do curso teredes que percorrer os quilómetros entre  os museos e para iso, todo os días sairedes a camiñar ou correr polo percorrido de 500 metros que temos no colexio.

En cada clase teredes un calendario cos museos e as datas nas que temos que facer os quilómetros e unha folla na que anotar as voltas que vamos dando.

Se premes na imaxe podes ir vendo a grande viaxe que nos agarda.

XOGOS FIN DE CURSO

Día de festa para rematar o curso.

Este ano fixemos unha xornada de xogos e convivencia. Os nenos e nenas maiores apadriñaron aos pequenos para xogar todos xuntos. Xogamos á corda, estatuas musicais, paloma blanca paloma negra...

Foi un día xenial.

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Xogos fin de curso
Distribuir contido


by Dr. Radut