SEMENTA CAMIÑO EN FAMILIA
PARTICIPACIÓN DAS FAMILIAS NO PROXECTO
Chegou un dos momentos que máis ganas tiñamos. O momento de implicar ás familias no proxecto "Sementa Camiño". Despois de un mes e medio de proxecto onde os protagonistas principais foron o alumnado e os mestres, é o momento de que as familias entren en acción neste proxecto.
OBXECTIVO DE TODO O COLEXIO: 1001 DÍAS DE ACTIVIDADE FÍSICA NO NADAL E COMPLETAR AS ETAPAS 6 E 7 DO CAMIÑO DE SANTIAGO
Levamos feitas 5 etapas do Camiño do Norte de Santiago. Para conseguir as etapas, cada semana tiñamos un obxectivo en canto a Kilómetros a percorrer. Entre todas as aulas conseguiamos sumar eses Kms, facendo de media cada clase 2 km semanais. Temos que seguir camiñando, e nestas dúas semanas de vacación de Nadal temos que facer a Etapa 6 e 7 que suman entre as dúas uns 31 Km. Para conseguir estes Kms e completar estas etapas propoñemos un reto activo en familia. Facer entre todo o alumnado 1001 días de Actividade Física. (Somos 370 alumnos no colexio) Pode ser calquera actividade, por exemplo senderismo, natación, baile, xogos activos en videoconsolas, bicicleta, patinar, práctica de deportes, parkour...
CADA ALUMNADO: DORSAL E TABOA DE REXISTRO
Cada alumno ou alumna terá un dorsal e un cadro onde irá apuntando os días que realiza actividade física nas vacacións de Nadal e a modalidade practicada. Ese cadro será entregado o día 8 de xaneiro ao seu mestre de Educación Física para así contabilizar os días feitos e comprobar si chegamos aos 1001 días entre todo o colexio. Unha vez que se consigue o reto pasaremos a selar as etapas 6 e 7 das compostelanas de cada grupo.
Si todo vai ben o día 8 de xaneiro chegaremos a Bilbao, outra gran cidade do Camiño do Norte e do Pais Vasco. Sumaremos 152 Km dos 900 que temos que facer.
COMPARTIR É DE PEREGRIN@S
Si vos apetece podedes sacar algunha foto facendo a actividade física en familia para enseñar á volta de vacacións cada un na súa a aula ou directamente compartila no instagram do colexio etiquetando a @sanpedrovisma e usando os hastag #spvisma e #sementacamiño
En ficheiros adxuntos dexiamos 2 documentos PDF que podedes descargar e imprimir:
- O dorsal da Familia, por si queredes imprimilo e ter un dorsal familiar.
- O dorsal do alumnadopor si ten algún problema co que lle dimos no colexio.
Calquera consulta sobre a actividade ou o proxecto poden poñerse en contacto neste correo: spvfabian@gmail.com
Bo Nadal FAMILIAS!!