Skip to Content

PVAD

PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA

VISITA DO CLUBE DE ESGRIMA 100 TOLOS

Como en anos anteriores visitou o noso colexio o clube de esgrima 100 Tolos.

Os nenos e nenas tiveron a oprtunidade de practicar e coñecer este deporte.

Moitas gracias polo voso traballo. O pasamos xenial.

Álbum: CURSO 2022/2023 -> 100 tolos

VISITA DO BATALLADOR C.F

Na clase de Educación Física contamos coa visita do club de fúlbol do barrio, o Batallador.

Moitas gracias a Fernando e aos seus compañeiros por impulsar co seu esforzo a actividade física entre os nenos e nenas do barrio.

 

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Visita do Batallador C.F

DÍA DA BICICLETA: OBRADOIRO STOP ACCIDENTES

Non hai mellor maneira de celebrar o Día da bicleta que traelas ao colexio.

Outro ano máis, como xa é tradición no noso, cole contamos coa asociación STOP Accidentes para gozar dunha mañá de patinetes, patíns, bicicletas... pero sobre todo para afondar na educación viaria dun xeito lúdico.

Moi ben o pasaron os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

 

 

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Obradoiro Stop Accidentes

ANDAINAS DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

Os alumnos e alumnas de Visma puxeron a proba a súa resistencia e saíron a camiñar polos espazos verdes da contorna e os parques para celebara o Día da Eduación Física na rúa.

O alumnado de primaria fixo unha andaina polo barrio de Visma e o parque Adolfo Suárez, mentres que os pequenos e pequenas de infantil camiñaron polo parque dos Mariñeiros e polo percorrido do colexio.

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Andainas Día da EF

VÍDEO VISMA ACTIVO

Aí vai o vídeo "Visma Activo".

Moitas gracías a todos e todas!!!!

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA EN MARÍA PITA

O 21 de abril a Educación Física estivo de festa. Os nenos e nenas de 4º de primaria xuntáronse en María Pita cos alumnos e alumnas do CEIP Curros Enríquez, CEIP Víctor López Seoane, CEIP Novo Mesoiro e CPR Salesiano para dar visibilidade a área de Educación Física e a súa importancia para o desenvolvemento físico e psíquico das persoas.

Este ano os protagonistas foron os deportes alternativos, Datchball, Kin-Ball, Rugby Tag e Noqball.

O pasamos xenial neste día de festa e convivencia.

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Día da EF na rúa María Pita

COÑECENDO A CAPOEIRA

A semana pasada tivemos a sorte de contar no colexio co clube "Capoeira Coruña de Ouro".

Os nenos e nenas, desde ata sexto, coñeceron e practicaron a capoeira, un deporte de orixe brasilerio que combina música, danza e loita.

Foi unha clase intensa, pero o pasemos xenial.

Se quere saber máis sobre o clube "Capoeiroa Coruña de Ouro" preme aquí.

 

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Capoeira

Roteiros do 3º trimestre

VISMA ACTIVO E SAUDABLE

Estas vacacións de Semana Santa, móvete!

Aproveita o tempo libre para facer deporte, sendeirismo, bilar... e, se pode ser, en compaña de amigos e amigas, familia...

Entre todos e todas imos demostrar que no San Pedro de Visma somos xente activa e comprometidos coa saúde e o queremos amosar. Se fas unha ruta de sendeirismo, das un paseo pola cidade, xogas un  partido, vas bailar... podes sacar unha foto e enviala ao correo do colexio, ceip.sanpedro.visma@edu.xunta.gal indicando no asunto "Visma activo". Con todas as fotografías recibidas faremos unha montaxe/vídeo que logo publicaremos.

Anímate a participar!

 

 

 

O ATLÁNTICO, PARTE DE TI. COÑECECENDO A VELA

O alumnado de 5º de Primaria puido coñecer gracias ao programa do Concello de A Coruña, "O Atlántico parte de ti", a vela. 

Non o fixeron nada mal estes regatistas de Visma.

Preme na imaxe para acceder ao álbum.

Álbum: CURSO 2022/2023 -> COÑECECENDO A VELA 5º
Distribuir contido


by Dr. Radut